Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de febreiro de 2021

O Concello prégalles ás persoas usuarias do SAF que aumenten as medidas de seguridade contra a COVID-19

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, subliña a importancia de cumprir as normas para combater a COVID-19, como o uso obrigatorio da máscara para todas as persoas conviventes para unha correcta prestación durante o servizo

A Concellaría de Benestar Social asegura que é prioritario aumentar as medidas de seguridade nos domicilios das persoas usuarias do Servizo de Atención no Fogar (SAF). Por iso, prégalles o uso obrigatorio da máscara para  todas as persoas que se atopen na vivenda durante a prestación dos coidados á persoa dependente. O Concello lémbralles ás familias beneficiarias do SAF que lle deben comunicar canto antes á empresa que presta o servizo calquera síntoma compatible coa COVID-19 ou calquera cambio no estado de saúde tanto da persoa dependente como das que conviven con ela.

A Concellería de Benestar, Yoya Neira, comunicoulles ás máis de 900 familias usuarias do servizo por persoal das empresas concesionarias do SAF a importancia de cumprir as normas de seguridade para garantir a saúde das persoas traballadoras do servizo, das persoas dependentes e das súas familias. "O uso da máscara é imprescindible para evitar propagar o virus e seguir mantendo un servizo fundamental no que está en xogo a saúde das persoas usuarias, coidadoras/es e familias", sinala Neira.

 "Durante a prestación dos coidados deben permanecer coa máscara tanto a coidadora ou coidador e a persoa dependente como familiares ou acompañantes desta última que estean nese momento na vivenda", subliña Neira, que explicou que tan só poderán estar exentas desta obriga as persoas que presenten algún tipo de enfermidade respiratoria ou as que, pola súa situación de incapacidade, carezan de autonomía persoal para quitar a máscara ou presenten alteracións de conduta que dificulten moito a súa utilización. En calquera caso, estas circunstancias deberán acreditarse a través dun informe médico que deberá enviarse por correo electrónico a dependencia@coruna.es.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión