25 de maio de 2023
As curtametraxes desenvolvidas pola rapazada acumulan case 20.000 visualizacións en Youtube desde a súa publicación, esta mesma semana
Este mércores, no auditorio do Ágora, celebrouse a gala de clausura da segunda edición do programa municipal 'Cinema na escola', unha iniciativa promovida pola Concellaría de Educación co obxectivo de achegar ás novas xeracións ao eido do audiovisual, e fomentar valores como o traballo en equipo para o impulso de proxectos creativos. Neste curso, tomaron parte 18 centros educativos da cidade.
A gala, que congregou entre o martes e o mércores a multitude de alumnas e alumnos que cursan primaria e secundaria na Coruña, puxo o peche a meses de preparativos por parte da rapazada, que se implicou na redacción de guións, plans de rodaxe e edición de vídeo necesarios para a presentación final dos seus proxectos, en forma de curtametraxes.
Neste sentido, a totalidade das curtas desenvolvidas nesta segunda edición de 'Cinema na escola' -xa dispoñibles a través da canle de Youtube da Concellaría de Educación- acumulan case 20.000 visualizacións no seu conxunto, nesta primeira semana en liña.
O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, tomou parte nos actos de entrega de premios, e puxo en valor "a creatividade, imaxinación e capacidade de traballo en colectivo" da rapazada que participou no programa. No Ágora, Celemín estivo acompañado por actrices e intérpretes galegos como Eva Fernández, Victoria Teijeiro e Víctor Grande. Ademais, os actores Luis Tosar e Antonio Durán 'Morris' tamén felicitaron en vídeo a rapazada participante polo seu traballo no contexto deste proxecto.
Os proxectos gañadores en Educación Primaria
Oito centros educativos de Educación Primaria tomaron parte este curso no programa 'Cinema na escola'. Son os seguintes: CEIP Sagrada Familia, CEIP Cidade Vella, Colexio Cid, CPR Compañía de María, CEIP Zalaeta, CEIP Rosalía de Castro e CEIP Alborada.
Estes foron os proxectos gañadores, categoría a categoría:
Os proxectos gañadores en Educación Secundaria
Dez centros educativos de Educación Secundaria tomaron parte este curso no programa 'Cinema na escola'. Son os seguintes: IES Monelos, IES Puga Ramón, IES Salvador de Madariaga, CPR Esclavas, CPR Franciscanos, CPR Franciscanas, CPR Fogar de Santa Margarida, IES Agra do Orzán, IES Eusebio da Guarda e o IES da Sardiñeira.
Estes foron os proxectos gañadores, categoría a categoría:
Podes ver a presentación do programa nesta ligazón
19 de maio de 2023
16 de maio de 2023
12 de maio de 2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible