Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

20 de abril de 2023

O Concello, premiado pola posta en marcha do Centro de Seguridade da Información, organismo que garante a protección de datos da cidadanía

A "Revista Sociedad de la Información Digital" recoñece a Administración municipal polo traballo que se está levando a cabo para mitigar o risco de sufrir ciberataques e ameazas informáticas

A "Revista Sociedad de la Información Digital" recoñeceu ao Concello da Coruña polo traballo que se está levando a cabo desde a Administración municipal en materia de seguridade e protección de datos. Desta forma, e no contexto dos galardóns Socinfo Dixital 'Galicia TIC' entregados hoxe pola publicación, o Concello foi recoñecido pola creación do Centro de Seguridade da Información (CSI), unha iniciativa posta en marcha en maio do ano pasado co obxectivo de implantar solucións e ferramentas para mitigar o risco de sufrir ciberataques, e prever e detectar posibles ameazas informáticas. O recoñecemento foi recollido en Santiago de Compostela polo xefe do servizo de Informátiva, Jorge Chacón.

Máis en concreto, os traballos que se executan desde o Centro de Seguridade da Información do Concello da Coruña abranguen, por exemplo, o asesoramento técnico e legal ao Comité de Seguridade da Información e ao delegado de Protección de Datos; tamén a disposición dun plan de resposta fronte a incidentes ciberinformáticos, reaccionando ante ameazas de exposición de información, intentos de roubos de credenciais e bloqueando a aparición de virus, spywares ou técnicas de phishing que vulneren os dereitos da cidadanía na súa relación coa Administración municipal.

A creación do Centro de Seguridade da Información contou co apoio de fondos estatais

Para a posta en funcionamento deste servizo, o Concello dispuxo de financiamento estatal, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que implicou unha achega de 921.112 euros. Esta cantidade, tal e como explicou o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, tamén está a facilitar a implementación de medidas de dixitalización na xestión municipal, facilitando os trámites á cidadanía e tamén o traballo dos empregados públicos.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión