Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de enero de 2023

O mapa “A Coruña no contexto global do século XXI” xa recolle A Terraza, o emblemático palacete modernista dos xardíns de Méndez Núñez como sede da AESIA, entre outros fitos

O Concello presenta un mapa interactivo sobre os principais fitos históricos, infraestruturas e monumentos da Coruña

José Manuel Lage: “A Terraza é o mellor símbolo desta conxunción entre A Coruña do pasado e A Coruña do futuro e do reposicionamento da cidade no contexto global”

O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime, José Manuel Lage, presentou esta mañá o mapa "A Coruña no contexto global do século XXI", un recurso interactivo no que se pode consultar información sobre os principais fitos históricos, infraestruturas e monumentos da cidade. "Para este Goberno un dos principais compromisos é volver a reposicionar A Coruña no mapa global e para iso é preciso tamén saber da súa historia entendendo o porqué de que hoxe esteamos aquí" sinalou José Manuel Lage.

O mapa "A Coruña no contexto global do século XXI" xa se pode consultar na web https://acorunha.hub.gal/#mapa nos diferentes idiomas dispoñibles: galego, español, inglés, portugués e chinés. Tamén pode descargarse a versión gráfica para imprimir, dispoñible na mesma ligazón.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión