Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de xuño de 2021

O Concello programará máis de 20 actividades para animar a festa neste San Xoán

A alcaldesa, Inés Rey, destacou que neste ano “atípico e sen fogueiras na praia” en que os barrios serán máis protagonistas, non faltarán os pasarrúas, a música móbil en directo e obradoiros creativos para os máis pequenos

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou a programación festiva para este San Xoán "atípico, en que non teremos fogueiras na praia, pero que se celebrará nos barrios". Para iso, o Concello organizará unha serie de citas co fin de animar a festa para que "agardamos que o tempo acompañe". Serán máis de 20 actividades en que se seguirán as medidas de seguridade oportunas e que terán como principais protagonistas as nenas e nenos.

Por unha parte, organizaranse obradoiros pola mañá e pola tarde en carpas situadas no Campo da Leña, as prazas de Pontevedra, As Conchiñas e a da Tolerancia e nos parques de Oza e Vioño. Haberá tres quendas pola mañá, ás 11.00, 12.00 e 13.00 horas e tres pola tarde, ás 17.00, 18.00 e 19.00 horas. En cada obradoiro poderán participar até dez pequenas/os de entre 5 e 12 anos, que se inspirarán no mundo das xoubas e nos fondos mariños para confeccionaren distintos adornos. Para asistiren, non será preciso formalizar unha inscrición previa, mais a alcaldesa explicou que as persoas participantes deberán cubrir unha ficha con datos por protocolo COVID.

A xornada amenizarase tamén con pasarrúas. O San Xoan  vivirase desde o mediodía en toda a cidade coa posta en escena de Muskrat Ramblers, Draco, Lume, Circo Krasnobarak, Kilomberos e Mekánica Rolling Band, que estarán das 12.00 ás 14.00 horas e das 19.00 ás 22.00 horas en barrios como Monte Alto, Elviña, Falperra, Catro Camiños, Matogrande, Barrio das Flores, San Pedro de Visma, Os Rosais, Labañou, Novo Mesoiro, Agra do Orzán, As Conchiñas, Ensanche ou A Mariña.

Así mesmo, a festividade ambientarase sobre catro rodas coa actuación móbil de La Banda del Camión, que transitará desde as 19.00 até as 22.00 horas por zonas como Xuxán, Pedralonga, Palavea, Bens, Eirís, O Birloque, A Zapateira, Feáns, Mesoiro, Vío ou San Xosé.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión