Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de abril de 2022

O Concello promove a carreira RUNKI, unha divertida proba inclusiva de sete quilómetros pola cidade

A alcaldesa, Inés Rey, presentou a proba, na que participarán 5.000 persoas e que contará con distintas actividades complementarias

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou este mércores a primeira edición da carreira RUNKI, unha proba de atletismo ao aire libre que percorrerá sete quilómetros polo centro da cidade o próximo domingo 5 de xuño. Esta carreira está organizada por ENKI e a Fundación ADCAI e o único requisito para participar é facelo disfrazado de superheroe.

A carreira RUNKI será un acontecemento único en España e estará aberta a todo o público, independientemente da súa condición física ou idade. Os participantes, un total de 5.000, poderán participar correndo, andando ou en cadeira de rodas adaptada, sempre que acudan disfrazados. O percorrido será de sete quilómetros e atravesará os grandes puntos de interese do centro da cidade, como son o Paseo Marítimo, a Torre de Hércules o castelo de Santo Antón ou as galerías da Mariña.

"O Goberno municipal está plenamente comprometido coa inclusión e a accesibilidade na nosa cidade. O noso modelo busca unha Coruña más amable e accesible para as persoas", apuntou Inés Rey, que sinalou tamén o compromiso do Concello coa inclusión no deporte, algo que tamén se constata na carreira de obstáculos ENKI.

O evento estará marcado durante a súa celebración por numerosas sorpresas e espectáculos de música e animación. Poderase participar de maneira individual ou en grupo, contando con ofertas para empresas. Os gañadores absolutos gañarán a participación nalgún dos principais maratóns de Europa. As inscricións están abertas na páxina web do proxecto ENKI.

A carreira RUNKI contará coa presenza de colectivos de corredores e corredoras con cadeiras de rodas de todo o país, transformando á cidade nun referente do atletismo adaptado. Por outra banda, RUNKI outorgará cada ano unha bolsa para cumprir un soño deportivo dun colectivo, sendo este ano os beneficiados Marines ENKI, que poderán participar no maratón de Nova York. "Continuamos amosando o noso compromiso coa celebración na cidade de grandes eventos de diferente tipo. Nesta carreira haberá 5.000 participantes, pero moitas outras persoas sumaranse ao percorrido como público", apuntou Inés Rey.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión