Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de febreiro de 2020

O concello realoxa dúas familias da Conserveira Celta

Desde que comezou o mandato, o Goberno local xa lles deu unha solución a cinco núcleos familiares e quedan un total de 17, que a Concellería de Benestar Social xestionará no sucesivo cando queden vivendas dispoñibles

A Concellería de Benestar Social realoxou esta mañá dúas familias da Conserveira Celta, formadas por sete persoas adultas e tres nenos, tal e como marca o procedemento polo que o mesmo día de demolición das chabolas as persoas afectadas son conducidas ao seu novo fogar. Desde que comezou o mandato, o Goberno local xa lles deu unha solución a cinco núcleos familiares do poboado da Pasaxe e na actualidade quedan un total de 17 residindo alí, cos que se está traballando desde a concellería para realoxalos no sucesivo. As familias desta mañá, como o resto das que xa marcharon do asentamento, asumiron as obrigas que van implícitas ao seu compromiso adquirido. Benestar Social está dándolles prioridade a aquelas que teñan menores de idade.

Ademais, tiráronse outras dúas construcións máis que estaban abandonadas, logo de recibir os informes correspondentes en que a Policía Local, e tras realizar un seguimento exhaustivo, confirmou que non vivía ninguén nelas desde hai tempo. Algúns membros dunha familia das que xa non está no poboado acudiron á conserveira e ante a presenza dos axentes mantiveron unha actitude hostil que provocou un pequeno altercado cos policías municipais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión