Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de julio de 2021

O Concello recolle nun libro catálogo os 50 anos dunha icona deportiva e musical como o Pazo dos Deportes

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, destacou o labor de recompilación realizada por Lois Novo, Nonito Pereira Junior e Rubén Ventureira, que “nos farán vivir e revivir moitos dos capítulos que aquí ocorreron”

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, presentou este mediodía o libro catálogo sobre a exposición fotográfica con motivo do 50 aniversario do Pazo dos Deportes en Riazor, en que a veciñanza pode percorrer visualmente na parte exterior do edificio os acontecementos máis importantes que tiveron lugar en todo este tempo. A publicación "Medio século do Palacio dos Deportes. Unha historia visual 1970-2020" recolle todas esas imaxes xunto ás historias que as acompañan grazas a un labor de investigación realizado por Lois Novo, Nonito Pereira Junior e Rubén Ventureira, que tamén foi o comisario da mostra.

A edila destacou o traballo do equipo ao recompilar tanta historia para que todas e todos a tivéramos presente, con textos "que nos farán vivir e revivir moitos dos capítulos que aquí ocorreron". Martínez tamén fixo fincapé na importancia deste contedor de especialidades para xerar e promover unha cidade deportista, un dos valores que o goberno de Inés Rey quere potenciar. Os distintos titulares do catálogo, engadiu, reflicten a variedade desta icona, unha historia deportiva desde Martinazzo a Petrovic, pasando por Moyá e Tarrés e 20 anos de moi boa música. Pola súa parte, Rubén Ventureira contou que este é o libro que merecía o Palacio dos Deportes, un lugar "onde fomos moi felices", que se construíu para lle dar un impulso aos deportes minoritarios e que acabou sendo tamén escenario musical durante máis de dous decenios. Nonito Pereira Junior asegurou canto ao aspecto cultural, que supuxo para a xeración do baby boom a primeira toma de contacto coa música en directo.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión