Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de novembro de 2021

O Concello recoñece o traballo do pequeno comercio na entrega dos premios do Concurso de Escaparatismo Samaín 2021

A concelleira de Comercio, Mercados e Barrios, Diana Sobral, trasladoulles a en hora boa do Goberno municipal a finalistas e gañadores, valorando o seu impacto para dinamizar a economía local

Este luns, o salón de plenos do Concello da Coruña acolleu a entrega dos premios do Concurso de Escaparatismo Samaín 2021, coa concelleira de Comercio, Mercados e Barrios, Diana Sobral, á fronte do acto, acompañada polo presidente da Federación Unión Comercial Coruñesa (FUCC), José Luis Boado.

Nesta edición do certame participaron un total de 106 establecementos de toda a cidade, que deron mostra da súa creatividade coas súas propostas para o Samaín cuns escaparates que contribúen a promocionar o comercio local, mais que tamén achegan calidade e deseño aos barrios.

Tras a presentación de propostas, finalizada o pasado 19 de outubro, e o posterior prazo de votación, con preto de 3.000 valoracións efectuadas pola clientela, a Concellaría de Comercio, Mercados e Barrios anunciou hoxe os cinco gañadores:

  • Primeiro premio (2.500 euros): Libraría Azeta. En representación do establecemento acudiu Jesús Cambón.
  • Segundo premio (1.500 euros): Bazar Todo Lar. En representación do establecemento acudiu Miguel Miñones.
  • Terceiro premio (1.000 euros): Darcos Z - Moda Infantil. En representación do establecemento acudiu Julia Martínez.
  • Cuarto premio (750 euros): Libraría Colorín. En representación do establecemento acudiu Mercedes Veiga.
  • Quinto premio (750 euros): Froitería A Campiña. En representación do establecemento acudiu María Illanes.

Sobral, que trasladou a en hora boa da concellaría e tamén da alcaldesa, Inés Rey, tanto a finalistas como a gañadores, amosou o agradecemento do Goberno municipal aos participantes. "Co voso traballo, do día a día, axudades a que as rúas luzan máis bonitas, enchéndoas de alegría e ilusión, e tamén contribuídes a que cidade sexa máis próxima á xente", valorou a concelleira.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión