Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

8 de outubro de 2020

O concello reformula o actual CMIX descentralizándoo e adaptándoo á nova realidade da mocidade

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, sinala que para redactar este novo contrato “realizouse unha reconsideración integral dos servizos municipais de información xuvenil actuais, co fin de os descentralizar e de os axeitar á realidade das mozas e dos mozos e ás novas TIC”

A Xunta de Goberno Local que tivo lugar esta mañá no pazo municipal engadiu á orde do día a adxudicación do contrato de xestión da Rede Municipal de Información, Orientación, Dinamización e Asesoramento á Xuventude (RMIX), do Servizo de Participación Cidadá e Innovación.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, sinala que para elaborar este novo contrato "realizouse unha reconsideración integral dos servizos municipais de información xuvenil actuais, co fin de os descentralizar e de os axeitar á realidade das mozas e dos mozos e ás novas TIC". Ademais, explicou, "ampliarase o equipo de traballo con dúas persoas máis".

Os factores clave desta reformulación do servizo son, en primeiro lugar, o gran salto cualitativo nos métodos de difusión da información, xa que se abandonan mecanismos antigos e adáptanse ás novas tecnoloxías da información e da comunicación. En segundo lugar, amplíase o alcance da atención prestada, desde o concepto tradicional de busca e posta a disposición da información de forma reactiva, xa que era a moza ou o mozo quen presentaba a solicitude, até o novo concepto de dinamización da información de forma participada, co que se lle achegará a información á xuventude aos seus lugares de referencia. Por último, nesta reformulación do servizo descentralizáronse puntos de atención, ao pasar dun único punto centralizado a un sistema en rede, que inicialmente estará integrado por tres puntos de atención localizados en tres puntos da cidade.

A adxudicataria deste contrato, por valor de 329.725 euros e unha duración inicial de 24 meses, é a empresa Atlantic Ponte SLU, que deberá comezar a prestar servizo o 1 de novembro de 2020.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión