Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de xaneiro de 2023

Os carteis recollen información sobre vexetación, monumentos e diferentes puntos de interese sinalados na contorna dos xardíns

O Concello renova a cartelaría e sinaliza unha ruta histórica e botánica nos Xardíns de Méndez Núñez

A información estará dispoñible de forma gráfica nos carteis, así como en dixital, a través dos QR situados nos mesmos, e tamén en braille

O Concello da Coruña, está a renovar a cartelaría dos Xardíns de Méndez Núñez con información histórica e botánica do espazo. A cartelaría incorpora tamén unha ruta en paneis informativos que ten como obxectivo favorecer a divulgación histórico-científica dos Xardíns de Méndez Núñez, recuperados no presente mandato polo Goberno de Inés Rey.

A información sobre a ruta histórica e botánica dos xardíns disponse en dous grandes carteis, cun tamaño de 60 x 42 cm, que conteñen información sobre vexetación e diferentes monumentos, así como puntos de interese sinalados na contorna dos xardíns. O arboredo e palmeiras tanto como os monumentos están sinalados nun mapa con números, mentres que os puntos de interese se sinalan mediante letras maiúsculas. Ademais, a lenda tamén recolle outra información como as paradas de autobús, aseos ou parques infantís, así como o itinerario de visita recomendado para coñecer os xardíns. Renóvanse tamén os carteis, en tamaño 20 cm x 15 cm, das 30 árbores con información sobre cada especie: o nome científico, o nome en galego, castelán e inglés; a procedencia da especie, a altura, o perímetro do tronco e o diámetro da copa. 

Os carteis están situados nas dúas entradas principais aos Xardíns. O primeiro entre o reloxo e o calendario floral, e o segundo no acceso máis próximo ao Palacio da Música. Ambos dispoñen da mesma información de forma gráfica así como de forma dixital, cun QR ao que se pode acceder a través do teléfono para levar a información no percorrido polos xardíns. Ademais, dispoñen de lectura en braille para as persoas invidentes, favorecendo a inclusión na divulgación histórico-medioambiental. 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión