Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de agosto de 2022

O Concello reordena o aparcadoiro do Aquarium para mellorar e regular o seu uso

A instalación de nova sinalización permitirá a convivencia entre as persoas usuarias do museo e o resto de vehículos

O Concello da Coruña está na procura dunha mellor organización do espazo no aparcadoiro que dá servizo ao Aquarium Finisterrae, no Paseo Marítimo. Por ese motivo, nos vindeiros días procederase á reorganización das prazas destinadas ás persoas usuarias do museo e as de uso libre para o resto de vehículos.

A nova sinalización vertical e horizontal reordenará as prazas de estacionamento actuais e facilitará á cidadanía o uso destas instalacións, nas que se viña levando a cabo un uso incorrecto por parte dalgunhas persoas usuarias. O novo aparcadoiro distinguirá entre as prazas destinadas a turismos, a vehículos de dúas rodas, a vehículos autorizados e a vehículos de grandes dimensións.

A previsión é que o próximo luns, 8 de agosto, comece a renovación da sinalización vertical. A horizontal cambiarase o próximo martes 9 e será necesario desaloxar o aparcadoiro cunha antelación de 24 horas para proceder a pintalo. A prohibición temporal de aparcar notificarase mediante sinais no propio aparcadoiro.

O Goberno municipal de Inés Rey busca con medidas como esta regularizar o aparcamento na cidade en lugares onde se facía de xeito irregular. Neste sentido, crearase no parque Adolfo Suárez un aparcadoiro con 203 prazas cuxo obxectivo é dar servizo ao propio parque, ás instalacións deportivas de San Pedro de Visma ou a Padre Rubinos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión