Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de maio de 2021

O Concello resalta o potencial da Coruña como cidade de congresos

O tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, participou na apertura da duodécima edición de “Lo que de verdad importa” que xa é un clásico “con historias de superación incribles que nos fan pensar e reconducir os nosos esforzos en mellorar o presente tal e como veña”

O tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, participou esta mañá na apertura da duodécima edición do congreso "Lo que de verdad importa",  "un clásico no calendario de congresos da nosa cidade, por onde xa pasaron moitas persoas, rostros coñecidos e xente coma nós, anónima que vén contar do seu. E o seu son historias de superación incribles que nos fan pensar e reconducir os nosos esforzos en mellorar o presente, tal e como veña".

O concelleiro destacou que a cita ten acubillo nunha cidade modelo que aspira a afianzar o turismo de congresos: "Por iso instauramos a Coruña Convention Bureau. Este é un dos obxectivos marcados por este Concello co fin de recuperar a nosa posición económica e social". A aposta do Goberno de Inés Rey polo turismo de congresos vén avalada, segundo o edil, pola aprobación de grandes proxectos que se porán en marcha nos próximos meses e por unha previsión de 12 eventos para este ano, que suporán a presenza na Coruña de máis de 6.000 persoas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión