Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

20 de novembro de 2020

O Concello resolve a convocatoria de usos das instalacións deportivas muncipais despois de catro anos de parálise

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, sinalou que “fai catro anos que non se consegue resolver esta convocatoria” e que agora “entrarán a adestrar clubs que o estaban demandando desde hai anos, posto que a distribución dos usos levaba prorrogada desde o ano 2016”

O Concello, a través da Concellaría de Deportes, resolve definitivamente a convocatoria de usos das instalacións deportivas municipais despois de catro anos de parálise administrativa. A partir de hoxe, data da resolución, as entidades solicitantes poderán utilizar as instalacións deportivas municipais para realizaren adestramentos, sempre e cando presenten a documentación requirida na convocatoria e cumpran cos protocolos de prevención da COVID-19.

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, sinalou que "fai catro anos que non se consegue resolver esta convocatoria" e que agora "entrarán a adestrar clubs que o estaban demandando desde hai anos, posto que a distribución dos usos levaba prorrogada dende o ano 2016".

A resolución da convocatoria pódese consultar xa no portal web municipal de Deportes: https://bit.ly/3kPC7sv

En total, o Goberno local puxo á disposición das entidades deportivas da cidade 52 instalacións de dominio municipal, con máis de 600 franxas horarias ao longo da semana. Canto ás entidades que realizan deporte federado, poderán empregar estas instalacións de xeito gratuíto. Martínez asegura que se atenderon "131 solicitudes, das cales 101 corresponden a solicitudes de clubs e federacións para practicar deporte federado" e que as 30 restantes, "son de entidades e clubs non federados e academias de formación que precisan recintos deportivos para as probas de acceso a corpos especiais". En total, pasarán a adestrar semanalmente nas instalacións deportivas municipais 20.500 deportistas, das cales cerca de 5.000 son mulleres e 14.000 son menores de idade.

O Concello da Coruña está realizando un grande esforzo por dotar de máis instalacións deportivas municipais a cidade, "con grandes proxectos que se iniciarán en 2021, como é unha nova piscina, a ampliación do rocódromo de Riazor ou polideportivos multideporte, entre outras", apuntou a edila de Deportes. "A convocatoria segue viva, por tanto, as horas que vaian quedando libres ao longo da tempada pódenas solicitar os clubs que así o necesitaren". Ademais, as horas que non se ofertaron quedan reservadas para uso da Concellaría de Deportes na súa actividade propia e para lle seren alugadas á cidadanía. As instalacións que se poderán alugar e o horario dispoñible publicaranse na web de Deportes para coñecemento xeral.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión