Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de octubre de 2020

O Concello reurbanizará a praza Pintor Manuel Colmeiro de Elviña

Na actualidade, esta praza presenta pavimentos deteriorados por mor do paso do tempo, e inadecuados nalgúns casos desde o punto de vista da accesibilidade, así como instalacións que non funcionan de maneira óptima. Segundo Rey, este tipo de actuacións amosan “o compromiso deste goberno con todos os barrios da cidade” e, lembra, “recentemente se renovou a praza Isaac Díaz Pardo e e contorna da avenida Pablo Picasso, concretamente nas rúas Casares Quiroga e María Casares”.

A Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade realizará obras para reurbanizar e reacondicionar o espazo público da praza Pintor Manuel Colmeiro, no barrio de Elviña. Na actualidade, esta praza presenta pavimentos deteriorados por mor do paso do tempo, e inadecuados nalgúns casos desde o punto de vista da accesibilidade, así como instalacións que non funcionan de maneira óptima.

Segundo a alcaldesa, este tipo de actuacións amosan "o compromiso deste goberno con todos os barrios da cidade" e, lembra, "recentemente se renovou a praza Isaac Díaz Pardo e e contorna da avenida Pablo Picasso, concretamente nas rúas Casares Quiroga e María Casares".

Desde a concellería sinalan que se executarán melloras nas seccións do firme, nas beirarrúas, zonas reservadas e nos aparcadoiros. Ademais, modificarase a pendente da calzada, mellorarase a rede de pluviais e a iluminación existente, e completarase a reurbanización coa instalación de sinalización e elementos de xardinería baixo mantemento.

As obras, que teñen un orzamento de 164.000 euros, darán comezo a finais deste mes.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión