Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de marzo de 2023

Aberta a convocatoria do 'Plan de dinamización cultural dos barrios da cidade' para que as asociacións veciñais presenten os seus proxectos

O Concello sobe a 400.000 euros as axudas ás entidades veciñais para a celebración das Festas de Barrio na Coruña

As novas bases da convocatoria, que incrementan os fondos en 100.000 euros con respecto ao ano pasado, valorarán a inclusión de artistas locais e festas de arraigo que poñan en valor a historia e cultura do barrio

O Concello da Coruña pon en marcha un 'Plan de dinamización cultural dos barrios da cidade', que conta cunha dotación de 400.000 euros, 100.000 euros máis que no ano 2022. Trátase dun proceso participativo no que as asociacións veciñais da Coruña poderán presentar a súa proposta de actividades para as Festas de Barrio co obxectivo de descentralizar o programa cultural do Concello da Coruña e o IMCE, achegando a cultura a todos os recunchos da cidade.

No 2022 organizáronse un total de 28 festas de barrio, entre as que destacan as realizadas nos barrios dos Rosales, Bens, Novo Mesoiro ou o Barrio das Flores pola súa grande afluencia de público, como tamén as Festas do Castrillón, incluida na programación das Festas de María Pita e que contou coa actuación dos Heredeiros da Crus. Este ano increméntase o orzamento destinado a este programa en 100.000 euros debido á gran demanda das asociacións veciñais para a realización das festividades en colaboración co Concello da Coruña, logo do éxito da convocatoria pasada. No ano 2023 traballarase nesta mesma liña, impulsando a colaboración entre a Administración e o tecido asociativo para a posta en valor da cultura e a súa difusión á cidadanía.

No marco deste plan de dinamización, poderán presentar o seu proxecto todas as asociacións veciñais do termo municipal da Coruña legalmente constituídas e sen ánimo de lucro, que se atopen rexistradas no Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña (REMAC). Cada asociación poderá presentar un único proxecto que se corresponda con festas de carácter popular ou tradicional e cuxa realización contribúa a manter tradicións e costumes propios, exaltando a idiosincrasia dunha zona ou barrio da Coruña. Ademais, as actividades propostas deberán ser de carácter gratuíto para o público xeral e realizadas en espazos accesibles e públicos.

O orzamento para o desenvolvemento das actividades é de 400.000 euros para repartir nos diferentes proxectos presentados. Este ano, cada unha das propostas disporá dun máximo de 15.000 euros para o seu desenvolvemento, reforzando o compromiso do Goberno de Inés Rey coa cultura na Coruña e todos os puntos da cidade. Valorarase positivamente a aposta de artistas locais así como como o grao de implementación do proxecto no barrio, xunto con outros factores como a inclusión doutras entidades ou axentes sociais ou o número de persoas que conforman a asociación veciñal.

O prazo de presentación das solicitudes é de 15 días naturais que se contarán dende a publicación da convocatoria a través da web municipal de Cultura Coruña . No caso de presentación telemática da solicitude, o prazo remata o último día ás 23.59 h. A resolución publicarase no máximo dun mes que se contará a partir do día seguinte á finalización do prazo de solicitudes.

Consulta toda a información na ficha sobre as ' Bases reguladoras convocatoria Plan de Dinamización Cultural en los barrios de la ciudad de A Coruña. Año 2023 '.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión