Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de agosto de 2022

O Concello ultima traballos en dez centros educativos para mellorar as instalacións de cara ao curso escolar que comeza en setembro

No que vai de ano, o Goberno de Inés Rey levou a cabo un investimento superior aos 650.000 euros entre os colexios e escolas infantís da Coruña

O Concello da Coruña, a través dos servizos de Educación, Medio Ambiente e Infraestruturas, traballa desde o comezo da tempada estival na execución de melloras na contorna e os recintos interiores de dez centros educativos da cidade, co obxectivo de acondicionar os accesos e instalacións de cara ao vindeiro curso.

Neste sentido, a Concellaría de Educación está a levar a cabo tarefas para a renovación das instalacións eléctricas e baixa tensión en cinco colexios coruñeses (CEIP María Pita, CEIP Anxo da Garda, CEIP de Zalaeta, CEIP Emilia Pardo Bazán e CEIP Eusebio da Guarda), onde o Concello, aproveitando o cesamento da actividade académica durante o verán, comezou estas intervencións para a mellora da eficiencia enerxética de ditos centros.

En paralelo, estase a traballar tamén na reforma do habitáculo de conserxaría do CEIP Labaca e a ampliación do comedor escolar do CEIP Raquel Camacho, coa previsión de que as obras rematen a comezos da vindeira semana; e, por último, tamén se procedeu á revisión da cuberta do CEIP Concepción Arenal.

Ademais, e concretamente na Escola Infantil Caracola, o servizo municipal de Educación está a levar a cabo melloras na cuberta, unha intervención que tamén concluirá a semana que vén e sumarase ás xa executadas ao longo deste 2022 nas escolas infantís de Os Rosales e a Agra do Orzán. 

No que vai de ano, e xunto con esta serie de traballos en execución, o Goberno de Inés Rey executou investimentos por 660,986,72 euros para traballos de mellora e acondicionamento entre os colexios e escolas infantís da cidade. "O Goberno municipal escoita á comunidade educativa e está firmemente comprometido cos avances en materia de infraestruturas nas instalacións de escolas infantís, colexios e institutos. Tamén seguiremos traballando, como ata agora, para reforzar a accesibilidade universal e a seguridade vial na contorna dos centros educativos", sinalou o concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín.

Por outra banda, a semana pasada comezaron as obras para facer máis accesible a beirarrúa lindeira co tramo do muro localizado no sector leste do IES Rafael Dieste. O servizo de Infraestruturas está a executar traballos para retranquear o muro coa idea de ampliar a beirarrúa en beneficio dos peóns.

A programación de obras nos centros educativos durante a tempada estival

A mediados de xuño, o Concello, a través do servizo de Medio Ambiente, rematou unha intervención orientada a garantir un segundo acceso peonil ao IES Monelos. Este acceso, en forma de escaleira e desde o parque de Oza, executouse baseándose na solicitude da comunidade educativa e coa idea de aproveitar os accesos desde o propio parque evitando as estradas lindeiras ao instituto e, en definitiva, o tráfico de vehículos a motor.

Tamén durante o verán, entre xullo e agosto, o servizo de Infraestruturas concretou nos CEIP Alborada e San Pedro de Visma a dotación de dous novos conxuntos de xogos infantís de tipoloxía semicuberta, que substituíron aos anteriormente existentes, e que cumpren coas características técnicas e normativa de seguridade vixentes. Ademais, o Concello levou a cabo a ampliación da superficie do firme de caucho existente na base dos dous parques infantís dos colexios, co obxectivo de adecuar as dimensións das dúas áreas de xogos ao tamaño das novas estruturas instaladas e reforzar, ademais, a seguridade dos máis pequenos e pequenas.

Todas estas intervencións dan continuidade ao plan de obras xa executadas en centros educativos da cidade durante este verán, que tamén abrangue a reforma de aseos infantís no CEIP Salgado Torres, xa rematada.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión