Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

14 de febreiro de 2020

O corredor peonil avanza coa peonalización da rúa Ramón Cabanillas

O concelleiro de Urbanismo, Juan Manuel Díaz Villoslada, visitou esta mañá as obras para analizar o que lles afecta ás persoas residentes no referente ás prazas de aparcamento e ao mercado co fin de que “o impacto sexa positivo para todos”

O concelleiro de Urbanismo, Juan Manuel Díaz Villoslada, visitou esta mañá as obras de peanalización da rúa Ramón Cabanillas para comprobar coas persoas que dirixen o proxecto o avance do que será un dos tramos do futuro corredor peonil que "para o que estamos aproveitando actuacións xa feitas con outras que se van executar entre San Diego e o centro Ágora". O edil sinalou que están analizando o que lles afecta ás persoas residentes, ás prazas de aparcamento e ao mercado Ramón Cabanillas para que o impacto sexa positivo para todas e todos.

Polo momento, a obra transcorre dentro dos prazos previstos: "Estamos vendo como van quedar os puntos de carga e descarga e as prazas reservadas para persoas con discapacidades e residentes por se fose necesario ampliar algunha máis". Coa Gaiteira peonil desde hai anos, o corredor a pé está nunha primeira fase, na que se está a traballar en Puga y Parga e na que se prohibirá o tráfico rodado igual que en Pardo de Cela, que se enmarca dentro da Estratexia EidusCoruña, que está financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do eixo de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.

A estes, sumáranselles outros proxectos que irán cosendo o percorrido ata a rúa Barcelona, entroncando tramos peonís con outros semipeonís, como a continuación de Ramón Cabanillas, que están mirando de adaptala á súa dinámica como rúa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión