Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de julio de 2022

O ciclo desenvolverase do 15 ao 18 de setembro abordando numerosos xéneros e estilos que irán desde o pop ao punk ata a música electrónica e fusionando tamén poesía e audiovisual nunha proposta de vangarda e atenta aos contidos que se afastan dos circuítos comerciais

O Festival Tándem ofrecerá 16 concertos en seis salas da Coruña con actuacións a dúo de artistas e bandas

Inés Rey presentou hoxe esta nova iniciativa deseñada entre o Goberno municipal e as salas El Túnel, Filomatic, Sala Inn, Playa Club, Garufa e Mardi Gras, co obxectivo de avanzar na consolidación dunha estratexia común para a reactivación das salas de concertos como “corazón do circuíto musical coruñés”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou hoxe o Festival Tándem, unha iniciativa única na que seis salas de concertos coruñesas acollerán 16 actuacións exclusivas que só se poderán ver nesta cidade. Trátase dos espazos El Túnel, Filomatic, Sala Inn, Playa Club, Garufa e Mardi Gras, que veñen de deseñar un proxecto común, co apoio do Concello da Coruña, que se desenvolverá do 15 ao 18 de setembro. Nesta nova proposta programáronse concertos coa intervención de dous artistas en cada un deles, unidos no escenario con plena liberdade para desenvolveren actuacións singulares que mesturarán tanto xéneros como artes alén da música para afondaren tamén na poesía ou na videocreación. 

Como explicou a alcaldesa, o valor desta orixinal programación é que ofrece nun só escenario a actuación de dúas bandas. Se trata dunha proposta de vangarda, innovadora e atenta aos contidos que demanda hoxe en día boa parte do público, afastados dos circuítos comerciais, e que aposta por visións máis arriscadas. Inés Rey transmitiu a súa felicitación aos representantes das salas, que acudiron hoxe á presentación, pola iniciativa de "emprenderdes un proxecto que parte da diversidade da vosa oferta, as vosas instalacións e os perfís dos vosos públicos, para vos unirdes nunha iniciativa común".

Tamén destacou o importante papel das salas no pulo da industria musical na cidade, xa que constitúen "o corazón do circuíto musical coruñés" e "ademais de entusiasmo, profesionalidade e oficio, veñen de demostrar una resiliencia admirable tendo en conta as dificultades dos últimos dous anos". Neste sentido, a alcaldesa destacou que A Coruña conta cunha oferta excepcional tanto en grande como en pequeno formato, tal como demostra este novo proxecto das salas da cidade, poñendo de relevo a súa madurez, a súa diversidade, o seu arraigo e o seu músculo nunha industria fundamental no sector cultural.

"A cultura na Coruña non para e sempre é temporada alta musical", sinalou a alcaldesa, que reiterou o compromiso do Goberno municipal por fornecer a integración das salas coruñesas como un circuíto sólido e con proxección, non só dirixido ao público coruñés, senón tamén como reclamo turístico nunha das cidades do norte peninsular con maior cifra de visitas de persoas nacionais e estranxeiras, e na que o ocio cultural é un dos principais valores da oferta local. Así, apelou á oportunidade de que a música ao vivo se converta nunha referencia dentro da oferta turística da cidade, aliñándose xunto con outros valores como a gastronomía ou o patrimonio natural e cultural, baixo un mesmo paraugas promocional como cidade atlántica e cosmopolita.

Na presentación participou tamén o coordinador do Festival Tándem, Marcos Gendre, que avanzou o programa de actuacións nas diferentes salas. Destacou que o festival aportará numerosas maridaxes musicais e artísticas como o choque xeracional de Tórtel con Luna Valle ou a diversidade de estilos, co post-pop de El Hijo e o eco-synthpop de Caliza. Tamén se abordará a unión cultural desde a pulsión tecno dos coruñeses Jean Fixx e Lefrenk. 

O Festival Tándem servirá como escaparate do talento local emerxente e tamén situará fóra da súa zona de confort a artistas consagrados no ámbito alternativo como Hidrogenesse e Doble Pletina ou como Pablo Und Destruktion e Fee Reega. Formaranse fusións que abranguerán desde o pop vangardista proposto por Dotore e Magia Bruta ao hip hop cibernético de Erik Urano e Zar1, pasando pola alianza entre o grupo pontevedrés de pop electrónico Músculo! e a chelista Chilena I.O. Outras maridanzas destacadas serán as de figuras do pop actual como Green T e Queidem ou Interrogación Amor e Algo, así como o punk de Sofía e Viuda. O groove na pista de baile será outra das características deste evento, con ligazóns tan exóticas como a proposta polos composteláns Blanco Palamera xunto aos mexicanos Zuaraz e grandes nomes da electrónica como b1n0 e Phoac. 

Dentro do panorama musical galego destacan en música electrónica Pantis e Fotocopia. Ademais, a poeta de Miño Lúa Mosquetera musicará os seus poemas co apoio eléctrico de Bala. A poesía será tamén a protagonista na actuación que o grupo pop de Carballo Chicharrón compartirá xunto a Rosalía Fernández Rial.

Documentos:

cartel_festival_tandem.png (3 MB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión