Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

26 de septiembre de 2020

O Goberno local adxudica a construción do novo campo de fútbol de Eirís

O concello contratará por tres anos o alumeado de Nadal e da luz verde á renovación integral do mercado de Durmideiras

O Goberno ven de dar luz verde á contratación de obras, servizos e subministración máis de 16 millóns de euros só neste ano. A mesa de contratación adxudicou unha actuación que permitirá aumentar as infraestruturas deportivas na cidade: a construción en Eirís do novo campo de fútbol de herba artificial, vestiarios e peche perimetral. Asumirá os traballos a empresa Arias Hermanos por un importe de 1.077.062 euros. O prazo de execución das obras é de oito meses, polo que o novo terreo de xogo estará rematado no verán do 2021.

Por outra banda, a reforma integral do mercado de Durmideiras a levará a cabo, cun prazo de execución de 28 semanas e por 1.507.240 euros, Abeconsa. A renovación completa das instalación estará finalizada, polo tanto, no primeiro semestre do ano próximo.

As actuacións aprobadas irán nos vindeiros días á Xunta de Goberno Local, último trámite antes da sinatura dos contratos para o inicio de obras e servizos. As actuacións inclúen tamén as obra de reforma pendentes na piscina de Riazor (Abeconsa, 253.792 euros), o alumeado de nadal (Ximénez, 490.000 euros ao ano durante tres exercicios, prorrogables por dous máis) e o contrato para a prestación do servizo da Rede Municipal de Información, Orientación, Dinamización e Asesoramento á Mocidade (Centro Municipal de Información Xuvenil, CEMIX), adxudicado a Atlantic Ponte por 329.725 euros anuais durante un periodo de dous anos.

Ademais, a mesa de contratación retomou a tramitación do novo contrato de contenerización, recollida e transporte de lixo, que cunha contía de 11.594.877 euros durante oito anos é un dos máis cuantiosos dos subscritos polo Concello e permitirá mellorar a calidade do servizo, con novos vehículos de recollida e a renovación completa dos contenedores da cidade. Trala resolución do Tacgal o Goberno local retomou o proceso coa avaliación e tramitación dos informes solicitados polo tribunal administrativo. Agora o órgano de contratación debe elevar unha proposta de adxudicación nos últimos trámites do procedemento, que culminará coa aprobación en Xunta de Goberno.

Finalmente, adxudicouse tamén o subministro de combustible para calefacción (gasóleo e gas natural) por algo máis dun millón de euros.

Os servizos plurianuais adxudicados ou nos últimos trámites de adxudicación na mesa de contratación suman 98,8 millóns de euros en investimentos durante o tempo de vixencia dos contratos.

"O goberno de Inés Rey ten o compromiso de axilizar os investimentos nesta cidade co fin de contribuír, especialmente nestes momentos, á dinamización da economía e á mellora da calidade de vida dos cidadáns ", indicou o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas. O edil recordou que o Plan Anual de Contratación posto en marcha por vez primeira no Concello polo executivo de Rey está pensado tamén coma unha ferramenta para facer fronte, no plano económico, ás consecuencias da Covid-19.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión