Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de decembro de 2019

O Goberno Local aproba no Pleno a modificación fiscal do lugar de Bens, que pasará a ser de primeira categoría

O Pleno deulle luz verde a un cambio que suporá preto de 265.000 euros máis de ingresos ao equiparar a clasificación do perímetro co que lle corresponde a Arteixo e á mellora da contorna da Refinería, coa conseguinte demolición das casas ruinosas da avenida de Fisterra

O Concello celebrou esta mañá un Pleno de carácter extraordinario, en que se acordou -coa única abstención do Partido Popular- a aprobación definitiva do expediente de modificación da Ordenanza fiscal n.º 54, reguladora do Imposto sobre actividades económicas (IAE) para o exercicio 2020, con respecto ao lugar de Bens-Refinería, co fin de equiparar a clasificación fiscal da contorna da compañía á estipulada no perímetro que lle corresponde ao concello de Arteixo para que sexan ambas de primeira categoría, o que obriga a Refinería a tributar preto de 265.000 euros máis. O voceiro do Goberno local, José Manuel Lage, lembrou antes da votación do asunto que a Refinería presentou alegacións sobre a modificación do anexo que se lle deu luz verde no pasado Pleno do 7 de novembro ao entender desde Repsol que a cuestión é meramente recadatoria.

O edil sinalou que as desestimaron atendendo a que o cambio de terceira a primeira categoría da contorna suporá unha mellora desta, xa que implica levar a cabo o proxecto de expropiación dos dous perímetros que rodean a infraestrutura e da avenida de Fisterra, coa conseguinte ocupación das casas en estado ruinoso para a súa demolición inmediata.

Por outra parte, está a colaboración de Bombeiros con Repsol a través de cursos, actuacións e simulacros, o que redunda nunha optimización das condicións de seguridade das persoas que desenvolven a súa actividade na Refinería. Lage falou tamén da parada que realizan os autobuses urbanos nas proximidades das instalacións e que facilita o desprazamento das traballadoras e traballadores despois de que se homologase o tramo co Concello de Arteixo para efectuar o dito servizo. Trátase dunha equiparación coa localidade veciña recadando A Coruña a totalidade do imposto para lle distribuír a parte proporcional a Arteixo.

O concelleiro de Facenda sinalou que o aumento de categoría se fixo en base aos criterios de categoría fiscal de rueiro publicado o 15 de xuño de 1992, no BOP: "Cando estamos dando este paso, estamos facendo aquilo que non fixeron uns e outros anteriormente, que é equiparar a Refinería en Arteixo e na Coruña" porque "para ter ingresos, hai que tomar decisións".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión