Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

27 de decembro de 2019

O Goberno local asegura que a maioría das propostas de Ciudadanos xa están incluídas no proxecto de orzamentos de 2020

Lage indicou que o PP foi o único grupo que non achegou propostas para a cidade e, por tanto “non quixeron participar nestas negociacións, aínda que nós estivemos esperando ata o último momento a que fixesen achegas”

O Goberno local reuniuse coa voceira de Ciudadanos, Mónica Martínez, co fin de informala sobre as medidas propostas por este grupo que están incluídas nos orzamentos de 2020. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o voceiro do Goberno local, José Manuel Lage, aseguráronlle a Martínez que a maioría das súas propostas figuran no documento contable que será aprobado no mes de xaneiro tras o acordo acadado co resto de forzas progresistas da cidade. Lage indicou que o PP foi o único grupo que non achegou propostas para a cidade e polo tanto "non quixeron participar nestas negociacións, nós estivemos agardando ata o último momento a que fixesen achegas e non as fixeron".

Canto ás propostas do grupo de Ciudadanos, Lage agradeceulle as achegas e o espírito de contribuír con esta forma de facer política. "A cidade precisa uns orzamentos que son progresistas pero que non son sectarios. Non miramos de onde veñen, o que miramos é que sexan bos para a cidade", asegurou o voceiro socialista.

Pola súa banda, Mónica Martínez anunciou públicamente o seu apoio e apuntou que moitas das súas achegas coincidían coas do grupo de Goberno e por tanto cando "as vexamos plasmadas no papel apoiaremos estas contas". En concreto, falou dos fondos para erradicar o chabolismo, do programa para combater a soidade das persoas maiores ou do plan director da Torre. "Propostas que xa estaban recollidas neste proxecto de orzamentos e hai boa vontade de plasmalas de xeito definitivo", dixo Martínez.

Segundo Lage, o Goberno deixou sempre as "portas abertas". "Todos aqueles que quixeron facer cidade puideron facelo e chama a atención que un grupo tan numeroso como o PP seguise instalado no pasado, na confrontación. O contraste é evidente, o grupo de Ciudadanos, sen ter ningún acordo de mandato asinado con este goberno, está achegando ideas a este documento. Se a proposta é positiva para a cidade, estudarase sempre. A nós gustaríanos que o PP contribuíse con propostas. Nós á Xunta, por exemplo, nunca lle poremos obstáculos, todo o contrario, poñeremos facilidades para que haxa investimentos na Coruña e gustaríanos que fose esa a actitude", explicou o voceiro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión