30 de diciembre de 2020
A Deputación da Coruña anunciou o pasado mes de novembro esta achega ao Plan de reactivación económica e social da Coruña. A alcaldesa, Inés Rey, lembrou que o Concello da Coruña foi o primeiro en habilitar e conceder axudas directas dirixidas ás persoas autónomas dos sectores do comercio e da hostalaría, que poden chegar até os 6.000 euros por persoa.
A Xunta de Goberno Local que tivo lugar esta mañá autorizou o gasto de 1,2 millóns de euros cos que a Deputación da Coruña reforzou o Plan de Reactivación Económica e Social da Coruña (PRESCO) para ampliar as axudas directas xa existentes para as e os hostaleiros e comerciantes da cidade.
A alcaldesa, Inés Rey, valorou esta achega como "moi significativa" e "moi necesaria para sectores moi golpeados, como é o da hostalaría". Neste sentido, Rey lembrou que o Concello da Coruña foi o primeiro en habilitar e concederlles axudas directas dirixidas ás persoas autónomas dos sectores do comercio e da hostalaría, que poden chegar até os 6.000 euros por persoa: "Fomos a primeira Administración en respondermos e tamén a primeira en comezarmos a pagar".
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible