Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Cando:

29 de xaneiro de 2021

O Goberno local licita o novo contrato da rede de bibliotecas por un importe de 2,6 millóns de euros

José Manuel Lage Tuñas: “O contrato é a proba do compromiso do Goberno de Inés Rey cos servizos culturais desta cidade, pon fin a situación de interinidade da rede municipal de bibliotecas e garante o futuro de todas elas”

A Xunta de Goberno local autorizou esta mañá licitar o novo contrato para a prestación de servizos bibliotecarios na Rede de Bibliotecas Municipais por un importe de 2.661.298 euros ao ano e un prazo de dous anos prorrogables por un ano máis, até un máximo de tres.

O novo contrato, que garante a subrogación de 65 traballadores pola empresa que resulte adxudicataria, inclúe a xestión dos cinco espazos (Ágora, Fórum, Sagrada Familia, Rosales, Infantil e Xuvenil e punto de servizo bibliotecario do centro cívico de Mesoiro), e un servizo de apoio técnico e operativo no edificio municipal de Salvador de Madariaga co fin de facilitar o labor das a dos traballadores. Entre outras melloras, contempla tamén a posta en marcha dunha plataforma dixital de contidos audiovisuais que permitirá as persoas usuarias veren desde calquera soporte informático (tabletas. Móbiles, TV, ordenadores...) películas, música e publicacións de carácter periódico sen necesidade de as descargaren e de xeito totalmente gratuíto.

O novo contrato supón un incremento de 244.000 euros en relación ao último plurianual, e inclúe a cubrición do período de vacacións, polo que a atención ao publico non se verá afectada durante os meses de verán.

O edil de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas, destacou a importancia de regularizar por fin o servizo, que levaba funcionando con prórrogas e sen solucións definitivas desde o ano 2016. Segundo o voceiro do Goberno local, o novo contrato suporá unha mellora na unificación da rede e tamén unha aposta pola modernización do servizo coa creación dunha biblioteca dixital acorde cos tempos actuais. "O contrato é a proba do compromiso do Goberno de Inés Rey cos servizos culturais desta cidade, pon fin a situación de interinidade da rede municipal de bibliotecas e garante o futuro de todas elas", explicou o edil.

As bibliotecas funcionaron con contrato do ano 2012 até o 2016. Desde o 2016 até o 2018 o servizo prestouse con prórrogas. No 2018 asinouse un novo contrato por un ano, prorrogable por un máis, mais en xaneiro do 2019, durante o pasado mandato, decidiuse non prorrogalo. Optouse por un negociado pola vía de urxencia que o TACGAL anulou o 26 de xuño do 2019 sen que se implantar o novo modelo de xestión previsto.

"A contratación do servizo mediante un novo concurso permitirá non só dar unha estabilidade ás e aos traballadores e un mellor servizo á cidadanía, senón que suporá tamén a regularización de máis de 200.000 euros ao mes en facturas do servizo que até agora se aboaban sen contratos", indicou Lage Tuñas.

O contrato potenciará os recursos das bibliotecas municipais, fomentará a lectura e sumará as novas tecnoloxías, adaptándose a rede as necesidades actuais a as novas formas de aceso á cultura que demanda a cidadanía.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión