Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de marzo de 2020

O Goberno local logra un acordo co persoal traballador das instalacións deportivas para mellorar as súas condicións laborais

O cadro de persoal da concesionaria municipal levaba reclamando este acordo desde hai oito anos para avanzar na racionalización de xornadas e horarios

A Concellería de Deportes conseguiu un acordo entre a empresa concesionaria de instalacións deportivas e o seu persoal traballador que atende os servizos de conserxería. O pacto estaba a ser reclamado polas persoas traballadoras dende hai oito anos.

O concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, coordinou nestes últimos meses as mesas de negociación que culminaron nun acordo co que ambas as partes asinaron un documento no que se recollen importantes avances na racionalización de xornadas e horarios laborais para o seu persoal traballador. Tamén se comprometeron a constituír e reunir unha comisión de seguimento que regula con carácter trimestral a compensación do posible déficit de traballo, así como todos os aspectos relativos á promoción profesional, contratación, conciliación laboral e regularización do déficit de horas priorizándoo nas traballadoras e traballadores afectados.

Á sinatura deste acordo acudiron o concelleiro de Deportes, os membros do Comité de Empresa no que están representadas UGT, CC.OO. e CIG; e membros directivos de Serviplustotal S.L.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión