Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de abril de 2020

O Goberno local retoma as licitacións paralizadas polo Covid e pon en marcha as novas contratacións

Segundo o voceiro do Goberno local, José Manuel Lage, trátase de continuar cos procesos de contratación da Administración local xa abertos e iniciar as novas tramitacións, coa intención de dinamizar o tecido social e produtivo da cidade para minimizar o impacto da crise

O Goberno local anunciou hoxe na Xunta de Voceiros a súa decisión de levantar a suspensión dos prazos administrativos de contratación que se paralizaron logo de se declarar o estado de alarma pola crise sanitaria do Covid-19. Deste xeito, comezará de novo a aprobación de expedientes de contratación, a apertura de novos procesos de licitación e a continuación dos trámites dos procedementos de adxudicación que quedaran suspendidos ao comezo do estado de alarma.

Segundo o voceiro do Goberno Local, José Manuel Lage, que informou o resto de voceiras/os desta decisión na primeira das xuntanzas semanais extraordinarias, trátase de continuar os procesos de contratación da Administración local xa abertos e iniciar as novas tramitacións, coa intención de dinamizar o tecido social e produtivo da cidade para minimizar o impacto da crise.

Lage sinalou que, nos vindeiros días, comezarán as notificacións e, no seu caso formalizacións, dos procesos que xa estaban sendo tramitados, e tamén se realizarán as mesas de contratación de forma telemática.

Neste caso, as mesas de contratación poderán desenvolver as súas reunións tanto de maneira presencial como de non presencial, esta última a través de medios electrónicos que garantan a identidade das/dos membros da mesa asistentes, o contido das súas manifestacións, a interactividade e a intercomunicación entre as e os ditos membros da mesa en tempo real, así como a dispoñibilidade dos medios durante a sesión.

Segundo Lage: "Aprobamos o levantamento da suspensión dos prazos dos procedementos de contratación, ao entender que a licitación de moitas actuacións e servizos é indispensable para o funcionamento básico da Administración municipal e ao ser unha prioridade absoluta deste executivo contribuír a paliar as consecuencias económicas da crise sanitaria".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión