Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de enero de 2022

O Goberno municipal pídelle á Xunta que axilice o informe de Patrimonio pendente para non demorar máis a residencia de Eirís

O estudo de detalle, necesario para poder poñer en marcha as obras, tan só está pendente do informe autonómico para a súa aprobación

O Goberno municipal pídelle á Xunta celeridade na tramitación da residencia para a terceira idade prevista en Eirís. O executivo local considera prioritaria a construción da dita residencia e o incremento dos servizos para maiores nunha cidade na que a Xunta leva anos sen dedicar recursos suficientes para a atención á terceira idade, co que se xerou un grave déficit de prazas.

Hai 19 anos que a Xunta non abre ningunha residencia para maiores na cidade, e de xestión directa, máis de 30 anos.

O Concello da Coruña deulle a máxima prioridade á tramitación deste proxecto, cuxo primeiro expediente comezou a súa tramitación en decembro do 2020 e que se resolveu segundo o seguinte cronograma:

  • 30.12.2020 Inicio do expediente

  • 12.01.2021 Aprobación inicial do EDD (estudo de detalle) en Xunta de Goberno Local

  • 03.02.2021 Solicitude de informes sectoriais: AESA, Costas e Patrimonio da Xunta

  • 22.02.2021 Publicación no DOG e medios

  • 22.03.2021 Favorable de Patrimonio

  • 20.04.2021 Favorable de AESA

  • 18.08.2021 Favorable de Costas

A intención do Goberno de Inés Rey era levar a Pleno en setembro do 2021 o dito estudo de detalle, mais en agosto dese ano, por solicitude da Consellería de Política Social, parouse o expediente para iniciar un novo adaptado ás novas características previstas para o edificio, un cambio ao que o executivo de Inés Rey lle puxo tamén todas as facilidades para non demorar o investimento.

O cronograma da tramitación do novo estudo de detalle é o seguinte: 

  • 08.09.2021 Inicio do expediente

  • 13.10.2021 Aprobación inicial do EDD en XGL

  • 09.11.2021 Solicitude de informes sectoriais: AESA, Costas e Patrimonio da Xunta

  • 10.11.2021 Publicación no DOG e medios

  • 20.12.2021 Informe de Costas do Estado

  • 30.12.2021 Informe de AESA

O único trámite que resta hoxe para poder finalizar o estudo de detalle (preciso para poder empezar as obras) é o informe preceptivo de Patrimonio da Xunta.

O executivo local úrxelle á Xunta a completar o ante posible o dito informe para evitar demoras, e recorda que na cidade existe unha crecente demanda de servizos para persoas da terceira idade ás que a Xunta non lles está a ofrecer alternativas suficientes nin mediante prazas en residencias nin con centros de día.

"A Xunta ten que exercer as súas competencias e deixar de dicir cousas que non son certas", indicou esta mañá a alcaldesa, Inés Rey, en resposta ás declaracións da conselleira de Política Social. "O estudo de detalle irá a pleno cando Patrimonio da Xunta lle dea o visto e prace", explicou a rexedora, que recordou que tanto neste como noutros asuntos o executivo actuou sempre coa máxima lealdade institucional: "Pídolle a Feijóo que deixe de enviar aos seus conselleiros a atacar a este Goberno con falsidades, non vou consentir que se minta", remarcou Inés Rey.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión