Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de xuño de 2020

O Ministerio de Industria convoca finalmente a Mesa Técnica de Industria para o vindeiro 9 de xuño

Durante todo o día, a alcaldesa, Inés Rey, mantivo unha comunicación constante coas persoas responsables do ministerio e tamén cos representantes do comité de empresa pechados durante toda a xornada no pazo municipal de María Pita

A alcaldesa, Inés Rey, que solicitou esta reunión pola mañá, agradeceu o talante do Ministerio de Industria ao convocar a mesa por petición do cadro de persoal da antiga Alcoa e gabou a boa actitude do comité de empresa, que está traballando polo mantemento dos postos de emprego na nosa cidade.

​A rexedora lembrou tamén que a Xunta ten que asumir as súas competencias neste conflito laboral, que afecta seriamente á industria coruñesa. 

Apuntou que o Goberno local estará sempre para defender a industria desta cidade e ao lado das e dos traballadores tal e como demostrou hoxe.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión