Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de setembro de 2020

O Plan de choque do Concello limpou e desinfectou en profundidade máis de 100.000 m² de superficie ata o momento

A primeira fase desta iniciativa, que comezou o pasado 31 de agosto, pretende sacar adiante unha necesidade urxente para a cidade e xa varreu a zona do Parrote, Ensanche, o barrio da Agra do Orzán, Os Mallos, Monte Alto, Os Rosales e as principais rúas con locais de hostalaría

O Plan de choque para a limpeza e desinfección en profundidade de toda a cidade avanza con total normalidade e xa leva varridos máis de 100.000 m² de superficie desde o pasado 31 de agosto, data en que se puxo en marcha esta primeira fase da iniciativa.

A alcaldesa sinalou que "O Concello pretende sacar adiante unha necesidade urxente para a cidade da Coruña, logo de máis de dous anos co contrato de limpeza en precario". Rey asegura que o seu compromiso con todos os barrios da cidade "é firme", e que este será só o comezo desta iniciativa.

O plan comezou o día 31 do mes pasado na zona do Parrote, Castelo de San Antón, Avenida da Mariña e zona do Palexco. A continuación, comezou a limpeza no barrio da Agra do Orzán: rúa Barcelona, contorna do Mercado das Conchiñas, rúa Alcalde Lens, rúa Andrés Gaos, avenida das Conchiñas, rúa Agra do Orzán, rúa Cuba e o tramo correspondente da rolda de Outeiro.

O 4 de setembro o equipo de limpeza e desinfección comezou os traballos no barrio dos Mallos: rúa Ángel Senra, Capitán Juan Varela, Menéndez Pidal, Ángel del Castillo e a contorna dos novos xulgados. O día 7 pasaron pola rúa Os Mallos, ramón Cabanillas, Eugenio Carré Aldao e a súa contorna.

O pasado día 8 foi a quenda da zona denominada neste plan como "hostalaría", e que abrangue a rúa Estrella, rúa Alameda e a contorna da rúa Durán Loriga, rúa Olmos, Galera, Barreira, estreita de Santo André e a súa contorna, Capitán Troncoso, rúa da Franxa, Florida e a rúa da praza do Humor.

A continuación, e desde o 11 até o 14 de setembro, foi a quenda do barrio de Monte Alto: praza de España, rúa San Xoán, rúa San Xosé, parque de Marte, contorna do cemiterio de Santo Amaro, rúa Orillamar, rúa da Torre e o parque do Centro Cívico de Monte Alto.

Canto ás prazas do Ensanche, foron desinfectadas e limpadas en profundidade os días 15 e 16 de setembro: praza de Pontevedra, praza de Lugo, praza de Ourense, praza de Galicia, praza de Vigo, praza do Mestre Mateo, rúas Alfredo Vicenti e Fernando Macías.

O pasado xoves e venres, o equipo do Plan de choque pasou polo barrio dos Rosales: rúa Manuel Azaña, rúa Castelao, praza Elíptica, rúa Alcalde Suárez Ferrín e rúa Emilio González López. Está previsto que este luns se finalicen os traballos de limpeza neste barrio.

Durante a primeira fase están a traballar na cidade seis condutores/as, doce peóns, dous encargados de obra, 6 condutores de vehículos lixeiros, un técnico da Concellería de Medio Ambiente. Canto á maquinaria, disponse de 5 vehículos lixeiros, 3 camións cisterna / fregadoras / baldeadoras, e 2 varredoras. De pequena maquinaria cóntase con 2 hidrolimpadoras e 3 máquinas sopladoras.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión