Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de enero de 2021

O Pleno concédelle a Medalla ao Mérito da cidade á Asociación de Personas Sordas de A Coruña

Inés Rey: “ASPESOR foi a orixe da Federación de Asociacións de Xordos de Galicia que se converteu nun referente dentro e fóra de Galicia e tamén do movemento asociativo das persoas xordas”. A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, anunciou que este ano se asinará un convenio para que o concello conte cunha persoa intérprete de signos e que aínda quedan reivindicacións pendentes, como a presenza destas/es profesionais nos hospitais e nas administracións e que se impartan clases de LSE nos colexios.

O Pleno aprobou esta mañá por unanimidade concederlle a Medalla ao Mérito da cidade na súa categoría de Ouro á Asociación de Personas Sordas de A Coruña. A alcaldesa, Inés Rey, agradeceulles a Susana Castelo, Manuel Andrade e Iker Sertucha, persoas representantes da entidade, a súa presenza no salón de plenos e destacou o labor desenvolto por ASPESOR na cidade nos últimos 50 anos. "ASPESOR foi a orixe da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), que se converteu nun referente dentro e fóra de Galicia e tamén do movemento asociativo das persoas xordas", sinalou Rey.

ASPESOR é unha entidade indispensable para garantir os dereitos das persoas xordas. "O labor social que desenvolve a entidade, en que destaca a promoción da lingua de signos faina acredora deste recoñecemento", explicou Rey, quen lembrou que, cando naceu a asociación, "a lingua de signos era coñecida como linguaxe mímica e 50 anos máis tarde é unha lingua declarada oficial, grazas á promoción que a asociación fixo dela". Tamén destacou o labor social da asociación, que soubo aglutinar todas as persoas xordas de Galicia e as súas familias.

Subliñou que esta distinción é o recoñecemento a un labor que fixo posible que se visualizase o colectivo de persoas xordas, a súa contribución ao derribo de barreiras que dificultan a integración deste colectivo, así como o seu liderado no conxunto de Galicia no desempeño desta función. E, como non, contribuíu á sensibilización de toda a cidadanía cara ás persoas xordas poñendo en marcha iniciativas pioneiras que foron logo adoptadas noutros concellos e institucións galegas.

Pola súa banda, a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, cualificou esta distinción como "o broche á celebración dos 50 anos da actividade dunha asociación que constitúe unha peza clave do tecido asociativo non só da cidade, senón de Galicia".

Neira anunciou que o Goberno local ten previsto asinar ao longo deste ano un convenio para que o Concello poida contar cunha persoa intérprete de lingua de signos e que aínda quedan reivindicacións pendentes, como a presenza destas/es profesionais nos centros hospitalarios e na Administración ou a posibilidade de impartir clases de lingua de signos nos colexios como materia. 

Grazas ao seu labor,  Galicia contou coas primeiras e os primeiros intérpretes de linguaxe de signos, unha tarefa que non estaba profesionalizada e que asumían as e os familiares das persoas xordas. Neste sentido, Neira expresou o seu orgullo de que A Coruña, en 2001, for dos primeiros concellos en asinar un convenio con ASPESOR para contratar unha destas persoas intérpretes.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión