Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

26 de abril de 2021

O prazo para renovar a matrícula nas Escolas Deportivas da piscina de Riazor finaliza o 21 de maio

As persoas interesadas deberán solicitar cita previa a través da web municipal o chamando ao teléfono 981 184200

As persoas interesadas en renovar a súa praza nas Escolas Deportivas Municipais da piscina de Riazor teñen de prazo até o 21 de maio. Teñen dereito a facelo todas aquelas persoas que figuran inscritas como alumnado, tanto nas actividades de seco do curso 2020-2021, como nas actividades de piscina do curso 2019-2020 que non puideron formalizar a súa matrícula no actual curso debido ás obras que se están a realizar na piscina municipal de Riazor.

Debido á Covid-19, e co fin de garantir que no procedemento de renovación non se realicen concentracións de persoas, é preciso solicitar cita previa a través da páxina web municipal, www.coruna.gal, ou chamando ao teléfono: 981 18 42 00, Ext. 25037.

As renovacións realizaranse nos rexistros dependentes da Concellaría de Deportes situados na Cidade Deportiva de Riazor e na Cidade deportiva da Torre Arsenio Iglesias, en horario de atención ao público de 08:15 a 14:00 horas.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión