Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de maio de 2021

O proxecto CovidBens detecta cinco variantes do coronavirus nas augas residuais da Coruña e a súa contorna

A alcaldesa e presidenta do Consello de Edar Bens SA, Inés Rey, asinará a renovación do proxecto iniciado en abril de 2020 e no que a empresa pública supramunicipal investirá 50.000 euros.

O proxecto CovidBens, que rastrexa o coronavirus nas augas residuais da Coruña e a súa área metropolitana para obter datos fiables sobre a incidencia do virus na poboación e detectar rebrotes, identificou nas últimas semanas ata cinco variantes do coronavirus. O proxecto, en que participa un equipo científico multidisciplinar de distintas institucións científicas da cidade, será renovado nos próximos días cun novo investimento de 50.000 euros que achegará a empresa pública supramunicipal Edar Bens SA.

A alcaldesa e presidenta do Consello de Edar Bens SA, Inés Rey, sinalou que "proxectos como CovidBens, pioneiro en España e cuxos datos foron claves para que as autoridades sanitarias galegas tomasen decisións sobre a actividade da cidadanía, demostran a importancia da colaboración das entidades públicas na investigación científica e o posto de vangarda que ocupa A Coruña neste ámbito".

Neste sentido, CovidBens demostrou a súa fiabilidade para detectar e secuenciar con ata un mes de antelación as distintas variantes debidas á mutación do virus, o que consolida o estudo como unha ferramenta eficaz de alerta temperá e Edar Bens SA como sentinela da evolución da pandemia.

Nas últimas semanas, o estudo detectou ata seis variantes do coronavirus nas augas residuais da Coruña e a súa área metropolitana. Concretamente trátase das variantes británica ( B.1.1.7) española ( B.1.1.7), peruana ( C.37), surafricana ( B.1.351) e brasileira ( P.1) en baixa frecuencia, e a británica que foi a variante predominante.

Así mesmo, detectáronse trazas de mutacións compatibles coas variantes B.1.617 (india),  B.1.429 (californiana), e B.1.526 (neoiorquina), pero compartidas coas variantes antes mencionadas. Por iso, non se pode afirmar que existan as ditas variantes na nosa área metropolitana, senón que se espera que a súa presenza sexa debida á existencia na área das demais variantes.

CovidBens é un proxecto de investigación que realiza un equipo multidisciplinar -que inclúe microbiólogos/as, enxeñeiros/as informáticos/as, matemáticos/as e de Camiños- da UDC, o INIBIC, o CHUAC, o CITIC e o CICA- que recolle datos de toda a poboación, incluídas das persoas ás que non se lles realizaron tests ou pasaron a Covid 19 sen síntomas. Os datos do proxecto son públicos e actualízanse cada semana na web de Edar Bens SA.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión