Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de abril de 2020

O repartimento dos menús das bolsas comedor continúa durante toda a Semana Santa

A Concellería de Benestar Social reparte 576 comidas diarias neste programa municipal que, por mor da crise do coronavirus, non se paralizará durante esta semana, como era habitual

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación, anuncia que o repartimento dos menús das bolsas comedor seguirase realizando na cidade durante toda a Semana Santa. De non estarmos nun estado de alarma a consecuencia do coronavirus, este programa paralizaríase durante as vacacións das nenas e nenos. Nesta situación, a concellería informa de que, desde onte, estánselles a repartir as comidas habituais ás familias da crianzas que teñen opción a este tipo de bolsa municipal.

A repartición sufrirá unha pequena modificación, xa que, pese a continuar nos colexios Raquel Caamacho, Víctor López Seoane, María Pita, Salgado Torres e Fogar de Santa Margarida, cancelarase o servizo na Grande Obra de Atocha até o vindeiro martes 14 de abril, día en que se volverá pór en marcha. Nese período de tempo, as persoas que recollían os menús no colexio Grande Obra de Atocha deberán facelo no centro educativo Víctor López Seoane.

A Concellería de Benestar Social tamén sinala que, actualmente, estanse repartindo 576 menús diarios a través do programa municipal das bolsas comedor.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión