Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

8 de abril de 2020

O tráfico redúcese nun 75% nas principais vías da cidade

O descenso do tráfico en Alfonso Molina (dirección entrada) foi moi pronunciado, cun 76,28% menos de vehículos

A Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade informa de que, segundo os estudos que están a realizar desde o inicio do confinamento, o tráfico descendeu nas principais vías da cidade nun 75% de media. A redución mínima no tráfico rodado diario no termo municipal foi no acceso á cidade por Eirís cun 61%, e onde máis despuntou foi na rúa Manuel Murguía cun 81,87% de descenso dos vehículos en circulación. Mobilidade lembra que o estudo reflicte datos desde o pasado domingo día 15 ás 20.00 horas, momento en que entrou en vigor o estado de alarma decretado polo Goberno central en todo o territorio nacional por mor da pandemia do COVID-19. Ademais, o luns día 23 o Estado anunciou novas medidas restritivas para o desprazamento de vehículos.

No caso da rolda de Outeiro, o tráfico pasou durante a primeira quincena de marzo de soportar uns 22.539 vehículos diarios aos 5.361 na segunda quincena, o que supón un descenso do 76,21%. Tamén é similar o descenso do tráfico en Alfonso Molina (dirección entrada) cun 76,28% menos de vehículos. No caso da avenida de Arteixo, en dirección saída, observouse unha redución da  Intensidade Media Diaria (IMD) do 76,88%.

Canto á media diaria de entrada de vehículos na cidade (polas vías Alfonso Molina, avda. De Fisterra,  v14.- rolda do Deportivo da Coruña. Eirís, avda. de Salgado Torres e avda. Do Exército) situouse na primeira quincena en 65.000 vehículos diarios, mentres que na segunda os datos reflectiron una redución até os 17.326 vehículos diarios.

Polo que respecta á media diaria da saída de vehículos da cidade, a situación é semellante. Nas mesmas estradas, na primeira quincena de marzo, as saídas de vehículos foron 76.780 de media, mentres que na segunda foron 19.724.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión