Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de maio de 2020

Os 42 vídeos do programa “En liña” recibiron 149.166 visitas en dez semanas

A Concellería de Deportes manterá activo o espazo na web municipal para a veciñanza que se queira seguir exercitando desde a casa

A Concellería de Deportes concluíu o programa "En liña" en que as Escolas Deportivas Municipais subiron vídeos para que a veciñanza realizase exercicio físico durante o confinamento. En dez semanas, prepararon e editaron un total de 42 sesións adaptadas ás distintas franxas de idade, que foron visualizadas por 34.477 persoas usuarias. Entre todas, sumaron 149.166 visitas. Por outra banda, a páxina web https://www.coruna.gal/deportes/gl/actividades/en-lina seguirá funcionando para todas aquelas persoas interesadas en continuar a rutina de se activaren desde a casa. O programa pódese seguir tamén nas redes sociais de Coruña Deporte en Facebook, Twitter e Instagram, así como a través da canle de Youtube.

#ACTÍVATENARÚA

"Actívate na rúa" é un apartado elaborado polas monitoras e monitores das escolas, en que dan unha serie de recomendacións útiles para todas aquelas persoas que retoman estes días a actividade deportiva nas rúas. Estes consellos teñen como obxectivo previr lesións.

Desde Deportes, as e os profesionais suxiren que se evite o contacto con calquera tipo de elemento do equipamento urbano (bancos, pivotes, muros etc.) xa que aínda que se utilice protección nas saídas, poden producirse descoidos que supoñan un risco de contaxio e de propagación do virus, polo que recomendan realizar o quecemento e os estiramentos na casa e hidratarse ben, se é posible, levando unha botelliña de auga.

Xa no domicilio é imprescindible seguir os consellos de limpeza e desinfección que marcan as autoridades sanitarias. Para manter unha hixiene adecuada de prevención, o mellor é ducharse e cambiar de indumentaria ao finalizar a sesión.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión