Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de junio de 2021

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, recibiu as/os deportistas de Ecuador, Brasil, Colombia, México e Guatemola antes da celebración “das mellores probas do mundo e determinante para os Xogos Olímpicos”

Os atletas do Gran Premio dos Cantóns de Marcha Atlética quentan motores en María Pita

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, recibiu as/os deportistas de Ecuador, Brasil, Colombia, México e Guatemola antes da celebración “das mellores probas do mundo e determinante para os Xogos Olímpicos”

O pazo municipal de María Pita acolleu esta mañá a  recepción das e dos atletas do Gran Premio dos Cantóns de Marcha Atlética, unha das probas deportivas máis importantes da cidade, e máis prestixiosas do panorama internacional desta especialidade. A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, recibiu as/os atletas de Ecuador, Brasil, Colombia, México e Guatemala, que foron acompañados de membros da Federación Galega de Atletismo, co seu presidente á cabeza, Isidoro  Hornillos. Tamén interveu no acto o delegado técnico da World Athletics, Maurizio Damilano, o primeiro gañador desta proba no ano 1987, e Raúl González, campión olímpico nos 50 km marcha e subcampión nos 20 km nos mesmos xogos do 84. Martínez lembrou que o goberno de Inés Rey mantén o firme compromiso co atletismo, co premio dos Cantóns e co deporte en xeral, e traballou man a man coa federación para que esta proba sexa todo un éxito. "Unha proba das mellores do mundo e determinante para os Xogos Olímpicos e para que o Concello se esforzou para que as condicións para as persoas participantes sexan as mellores posibles", apuntou. Segundo o delegado técnico da World Athletics, Maurizio Damilano, "ter 35 edicións dun evento como este non é fácil; a marcha e A Coruña non se poden separar".

Pola súa banda, Raul González, destacou o papel da Coruña, "unha cidade que se converteu na urbe que acollerá un evento histórico e decisivo para os Xogos Olímpicos de Tokio. A última parada para Tokio 2020, por iso é transcendente. México quere agradecer esta organización nun momento como o que vivimos". Canto ao presidente da Federación  Galega de Atletismo, Isidro Hornillos, gabou o privilexio de recibir a estes referentes da Marcha. "Un ano olímpico, un ano especial e o reencontro porque unha cidade foi capaz de lle ofrecer á marcha mundial un gran espectáculo".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión