Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de junio de 2021

Os #ecoruñers, protagonistas da Semana do Medio Ambiente

A alcaldesa, Inés Rey, visita mañá a Rosaleda dos Xardíns de Méndez Núñez, que presenta nova imaxe tras os traballos de recuperación deste espazo verde do centro da cidade

A alcaldesa, Inés Rey, visitará mañá a Rosaleda dos Xardíns de Méndez Núñez para darlles a saída aos actos da Semana do Medio Ambiente organizados polo Concello. A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, presentou hoxe en María Pita un amplo programa de actividades que se desenvolverán desde mañá até o vindeiro venres. Baixo o lema "Temos o poder de facer moito polo planeta", o Concello busca converter as coruñesas e os coruñeses en auténticas/os ecoruñers. "A semana do Medio Ambiente permitiranos explicar e darlles visibilidade unha serie de cuestións coas que estamos a construír unha cidade máis amable, máis verde e menos contaminante", explicou a edila.

A campaña presentada hoxe tenta trasladarlle á cidadanía a mensaxe de que as administracións traballan para cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable ODS, pero que o papel principal correspóndelles a eles. "Queremos que nesta Semana do Medio Ambiente as e os protagonistas sexan as persoas, que coñezan o traballo e as políticas sobre o coidado do medio ambiente que se fan desde o Concello, buscando o seu compromiso co coidado do medio ambiente; queremos que se convertan en ecoruñers", dixo Fontán, para quen "non hai planeta b, estámonos xogando o futuro, e desde A Coruña temos mucho que ofrecer e que dicir".

Na carpa que se instalará nos Xardíns de Méndez Núñez, diante do Kiosco Alfonso, as coruñesas e coruñeses coñecerán de primeira man as políticas ambientais que está a desenvolver o Goberno local e porán realizar actividades relacionadas coa mobilidade sustentabilidade, residuos ou a calidade do aire.

Ademais, o martes 8 de xuño, Día dos Mares e Océanos, abrirá as súas portas o Centro municipal para o clima e a enerxía sustentable "Fernando Roade" con actividades para cativada, para lles explicar as novas enerxías. O acto contará coa colaboración de AEMET coa que se realizará un traballo conxunto de investigación para o que todos os días se lanzará un globo meteorolóxico desde Bens co fin de recoller datos. Con estes datos poderanse realizar previsións máis precisas de todo o que está acontecendo respecto ao cambio climático.

Dentro do ciclo de mesas de traballo telemáticas, Fontán explicou que se falará do respecto polo medio ambiente e da aposta pola economía circular e social, coa colaboración da Fundación Paideia, a través de dúas entidades como son Trébore e o colectivo de Mulleres Colleiteiras, composto de mulleres en situación de risco de exclusión social. E no Aquarium organizarase unha posta en común para abordar o dragado da ría do Burgo coa intervención do concelleiro de Urbanismo, Juan Villoslada, e de Ricardo Prego, do Instituto de Investigacións Mariñas. Ambos os representantes falarán do que suporá a recuperación da ría desde o punto ambiental e urbanístico.

O mércores amosarase o que as empresas coruñesas fan para promover a mensaxe da transición ecolóxica. Estarán presentes na charla as persoas representantes de Coca-cola Repsol, Estrella Galicia, Gadisa e Abanca, que nos falarán das súas políticas con respecto á economía circular e das medidas que están adoptando na súa produción para acadar unha cidade máis sustentable.

O xoves, o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, e o xefe da Unidade de Residuos da Unión Europea, Matia Pelegrini, abordarán a nova lei de residuos.

E. por último, o venres terá lugar no Centro Ágora a inauguración dunha exposición de fotografías, que será retransmitida por streaming e que se poderá ver en todos os países  que forman parte do programa europeo "Connecting Nature".

-As persoas interesadas en participar nas actividades poden contactar coa Concellería de Medio Ambiente.

ACTIVIDADES DA SEMANA DO MEDIO AMBIENTE

Sábado 5 de xuño- Venres 11 de xuño

11.00 h a 15.00 h e de 17.00 h a 21.00 h. Carpa divulgativa nos Xardíns de Méndez Núñez: actividades sobre calidade ambiental, axenda 2030 e historia ambiental da cidade.

-Centro Municipal para o cambio climático e enerxía sostible: actividades para colexios

Luns 7 de xuño

17.00 h. Mesa de traballo: "Economía Social"  (telemática)

Participan: Trébore e mulleres Colleiteiras

Martes 8 de xuño

12.00 h Inauguración do Centro municipal para o clima e a enerxía sostible "Fernando  Roade"

17.00 h Casa dos Peixes. Mesa de traballo: "Dragaxe da ría" (telemática)

Participan: Ricardo  Prego, Instituto de Investigacións Mariñas e Juan Villoslada, concelleiro de Urbanismo do Concello da Coruña

Mércores 9 de xuño

19.00 h. IESIDE. Rolda de Nelle, 31. Mesa de traballo: "Economía circular"

Participan: Repsol, Coca Cola, Gadisa, Hijos de Rivera, Abanca 

      

Xoves 10 de xuño

11.00 h. Mesa de traballo: "Connecting"  (telemática)

Participa: Antonio Prieto, técnico do Concello da Coruña

19.00 h. Mesa de traballo: "Lei de residuos" (telemática)

Participa: Hugo Morán, Secretario de Estado de Medio Ambiente

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión