Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

28 de marzo de 2020

Os Museos Científicos propoñen actividades diarias e reforzan a información veraz sobre a pandemia

A través das súas redes sociais, soben contidos para que o coñecemento e a divulgación ocupen tempo entre os quefaceres das e dos coruñeses

Os Museos Científicos coruñeses traballan a diario a través das rúas redes, en Twitter, Facebook e Instragram, por lle propoñer á veciñanza contidos de carácter propios co fin de entreter formando ás e aos que están na casa. Deste xeito, soben suxestións sobre distintos temas para que as persoas usuarias reflexionen ou ofrecen vídeos sobre o mantemento dos animais no Aquarium. Tamén formulan experimentos fáciles de realizar, así como actividades sinxelas que se poden desenvolver en familia co fin de que a ciencia e o coñecemento ocupen tempo no quefacer diario das e dos coruñeses.

Por outra banda, reforzan as publicacións que si están aportando datos científicos de calidade con respecto da pandemia e lanzan misivas con base xa que, segundo o seu director, Marcos Pérez, circula moita información de calidade, pero hai unha parte importante que "responde a suposicións sen criterio e carentes dunha perspectiva global dado que se trata dun problema inédito no mundo".

Noutras ocasións, as novas están xa caducas e nese aspecto, desde a rede museística validan aquilo que si é veraz e está actualizado. Ademais, advirten de todo o que son bulos e novas falsas que se transmiten, sobre todo, a través do whatsapp.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión