Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de decembro de 2020

Retómanse os cursos de natación das Escolas Deportivas Municipais

A Concellería de Deportes anuncian que se manteñen os mesmos protocolos e condicións que estaban vixentes antes de se suspenderen hai dúas semanas.

O Servizo de Deportes do concello anunciou esta mañá que os cursos de natación das Escolas Deportivas Municipais en San Diego e Santo Amaro se retomarán o vindeiro mércores, 9 de decembro, de acordo co establecido na Orde da Consellería de Sanidade do 3 de decembro de 2020. O Servizo de Deportes reinicia as clases con grupos de seis persoas máis monitor/a. Iso é, mantéñense os mesmos protocolos e condicións que estaban vixentes no momento que tiveron que se suspender as clases debido ás restricións sanitarias impostas polo SERGAS.

Desde Deportes explican que como o luns 7 de decembro é día non lectivo, de acordo co calendario escolar, as escolas de natación comezarán o día 9 de decembro. Canto ao uso das piscinas, deberase respectar a capacidade establecida na orde, cun máximo do 50% da dita capacidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión