Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de novembro de 2020

Rey: “Coas obras de Mariscal Pardo de Cela e Ramón Cabanillas seguimos avanzando para culminar a rolda peonil”

A alcaldesa e a concelleira de Comercio, Diana Cabanas, visitaron esta mañá Os Mallos para comprobaren en que estado se atopan as actuacións desta rúa en que se suprimirá o tráfico rodado e mais o tramo xa peonil de Ramón Cabanillas

A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Comercio, Diana Cabanas, visitaron esta mañá o barrio dos Mallos para comprobaren o estado das obras de peonalización que comezaron estes días na rúa Mariscal Pardo de Cela, unha vía en que a veciñanza contará con máis espazo público para a convivencia. Rey sinalou que o tramo conformará, xunto con Ramón Cabanillas e Alcalde Marchesi, a rolda peonil na que seguimos avanzando e que se estenderá desde a Agra até o parque de San Diego. A rexedora e a edila dialogaron coas persoas representantes da asociación veciñal co fin de atenderen as súas demandas.

Ademais de mellorar a accesibilidade peonil, a actuación, que conta cun orzamento de preto de 220.000 euros, incluirá a construción do carril bici e mais a reforma das súas interseccións coas rúas Fernando Rey, Cronista Pacheco e Oidor Gregorio Tovar. Neste punto, Rey afirmou que se quixo reparar de forma urxente Mariscal Pardo de Cela por se atopar moi degradada e para lle devolver unha imaxe acorde co resto do barrio que estreou hai meses un tramo de Ramón Cabanillas, o máis próximo ao elevador, en que tamén se suprimiu o tráfico rodado. Os traballos, valorados en 173.961 euros, continuarán no resto da vía, onde as coruñesas e os coruñeses poderán desfrutar de novo mobiliario, como bancos e zona verde.

Neste sentido, Cabanas destacou a harmonía que se conseguiu nesta parte dos Mallos e sinalou a intención de continuar no resto da vía, para lle conferir unha natureza semipeonil nesa aposta pola mobilidade branda e a pé do Goberno que dirixe Inés Rey. A rexedora engadiu que hoxe testaron coa veciñanza a mellora dunha zona para a que estudan realizar máis actuacións de cara a lle inxectar unha maior calidade de vida.

Ambas as reformas, tanto de Mariscal Pardo de Cela como Ramón Cabanillas, son proxectos que se enmarcan dentro da Estratexia EidusCoruña, que está financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do eixe de desenvolvemento urbano do Programa operativo plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión