Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de junio de 2020

Rey defende a localización do novo hospital co menor impacto posible para a veciñanza

A alcaldesa escoitou esta mañá as reivindicacións das persoas afectadas pola futura ampliación do Chuac

A alcaldesa, Inés Rey, acompañada do concelleiro-delegado de Urbanismo, Juan Manuel Díaz Villoslada, reuniuse esta mañá coas e cos representantes da asociación veciñal de Eirís así como coas persoas afectadas polas expropiacións de terreos para construír a ampliación do Chuac co fin de escoitaren as súas reivindicacións e comunicarlles a postura do Goberno local.

A rexedora explicoulles que apoian a situación do novo proxecto, pero tal como acordaron coa Xunta queren que se realice conforme se produzan as menores afeccións posibles para as e os residentes da zona.

Inés Rey recordoulles que o Concello defende que a localización do complexo sanitario reduza ao mínimo o impacto sobre as vivendas de Eirís e minimice as expropiacións de carácter residencial. A alcaldesa lembroulles ás e aos veciños que xunto ao firme compromiso de aminorar as afeccións no barrio o goberno que preside tamén defende a construción do hospital espello nesta contorna. Tamén se abordaron cuestións como a mellora da mobilidade coa posibilidade de implantar aparcamentos disuasorios.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión