Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de outubro de 2020

Rey destaca a práctica do deporte base para promover valores de compañeirismo e solidariedade

A alcaldesa e a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, recibiron os xogadores e persoal técnico coruñeses que gañaron en febreiro o subcampionato de España sub16 de fútbol sala coa selección galega

A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, recibiron o persoal técnico e xogadores coruñeses que gañaron coa Selección Galega Sub16 de Fútbol Sala o subcampionato de España 2020. Inés Rey afirmou que "desde o Goberno local non deixaremos de apoiar o deporte base nesta cidade porque cremos que a súa práctica favorece e promove valores moi importantes de loita e superación, de traballo en equipo e de solidariedade, de saberdes estar na liña de xogo axeitada, no momento preciso".

Engadiu a rexedora que no marcador particular dos rapaces está a gran vitoria nese pavillón das Rozas en Madrid do pasado inverno: "E digo vitoria porque o de menos foi o resultado". Rey apuntou que vivir é xogar e xogando e vivindo no campo e fóra del, "ás veces gañamos e ás veces perdemos, pero o que celebramos aquí hoxe é unha gran vitoria porque con esa actitude que vimos en todo o campionato estaredes sempre no podio dos mellores". Os futbolistas Iván, Lukas, Alejandro, Daniel, Álvaro e Diego e mais os seleccionadores Sergio Blanco e Pachi Fernández foron condecorados cunha figura da Torre de Hércules deseñada por Sargadelos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión