Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

20 de novembro de 2020

Rey destaca que o apoio ao sector hostaleiro “é unha das nosas prioridades”

A alcaldesa participou esta tarde xunto con parte da corporación municipal nunha cadea humana até a Cociña Económica organizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de A Coruña dentro dunha xornada en que o colectivo recolleu máis de 30 toneladas de comida para o Banco de Alimentos

A alcaldesa, Inés Rey, participou esta tarde xunto con parte da corporación municipal nunha cadea humana até a Cociña Económica organizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de A Coruña. Con este acto simbólico, o colectivo pechou unha xornada solidaria en que recolleu coa colaboración do Concello máis de 30 toneladas de comida para o Banco de Alimentos. A rexedora destacou o xesto do sector que volveu á praza de María Pita na que se manifestou hai unhas semanas "para doar os seus produtos coa incerteza ás costas".

Rey falou de que esa mesma solidariedade que hoxe nos demostran con esta iniciativa está tamén na cidadanía que acode a eles para lles formalizar pedidos estes días e a que regresou a poboar as súas mesas no verán: "Foi tamén a que fixo que moitos de vós pecharades de forma voluntaria porque non viades a vosa clientela segura". Neste sentido, Rey afirmou que "desde María Pita temos que gobernar para todos, pero co foco posto nos sectores máis afectados pola crise".  Engadiu que nesta praza que escoita "as vosas reivindicacións e entende as vosas queixas e medos, seredes sempre unha das nosas prioridades".

Pola súa banda, o presidente da asociación hostaleira, Héctor Cañete, destacou o grande esforzo realizado polas súas compañeiras e compañeiros co fin de recompilaren toda a mercadoría que non poderán preparar nos seus negocios hoxe pechados.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión