Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

2 de octubre de 2020

Rey esíxelle á Xunta que complete as equipacións do colexio de Novo Mesoiro

O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, reuniuse esta mañá coa comunidade escolar do centro e trasladará as súas demandas ao xefe territorial de Educación para que a Xunta actúe con celeridade e evite maiores prexuízos no alumnado

A alcaldesa, Inés Rey, reclámalle á Xunta que exerza as súas competencias e dote ao CEIP Novo Mesoiro de servizos básicos dos que carece a día de hoxe como son a conexión a internet e teléfono xa que "tiveron moitos meses para preparar a posta a punto do colexio". A rexedora non entende que unhas instalacións novas coma estas se atopen nesta situación e por iso lle solicita ao Goberno autonómico que acabe de completar as equipacións do centro, que comezou a funcionar neste curso e que dá cobertura a unha poboación que levaba anos reclamándoo. As nais e pais do alumnado denuncian a escasa partida que Educación destinou a surtir ao alumnado de libros e material de apoio, así como de elementos para o lecer e informativos sobre as medidas contra a Covid-19.

En concreto, a comunidade escolar demanda o aumento de espazo para as aulas de Infantil e denuncia que así como o tamaño destas é moi pequeno, os corredores son desproporcionados. O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, reuniuse esta mañá coas persoas afectadas, que lles explicaron que as obras do CEIP Novo Mesoiro están sen rematar na súa totalidade e que non teñen wifi nin xeito de contactar con eles por vía telefónica. O edil trasladará todas estas reclamacións ao xefe territorial da Consellería de Educación para que a Xunta actúe coa maior celeridade posible e eviten maiores prexuízos no alumnado.

Pola súa parte, a concelleira Diana Cabanas visitou esta mañá Novo Mesoiro para escoitar as demandas da veciñanza nunha primeira toma de contacto da Concellería de Barrios en que tamén houbo presenza do gabinete de Alcaldía. A edila mantivo un encontro coas persoas representantes da asociación de veciños, ás que emprazou a unha segunda visita en que coñecerá en persoa as distintas problemáticas das que lle informaron e que teñen que ver con cuestións de mobilidade, medio ambiente e urbanismo.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión