Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

3 de xuño de 2020

Rey esixiralle á Xunta que “asuma e exerza as súas competencias en materia industrial” e ao Ministerio a convocatoria da Mesa Técnica de Industria para “garantir a viabilidade da planta de Alú Ibérica”

A alcaldesa reuniuse esta mañá no consistorio co persoal representante do comité de empresa de Alú Ibérica, co fin de escoitar as súas reivindicacións e de apoiar en todo o posible os empregados e empregadas da planta coruñesa de alúmina. Empregados/as e representantes do comité de empresa da antiga Alcoa iniciaron hoxe un peche indefinido na sala de exposicións do consistorio ata que o Ministerio de Industria convoque a Mesa Técnica de Industria

A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse esta mañá co persoal representante do comité de empresa de Alú Ibérica, a antiga Alcoa, co fin de escoitar as súas reivindicacións e apoiar en todo o posible os traballadores e traballadoras para garantir a viabilidade da planta de alúmina e os seus postos de emprego.

Rey esixiralle ao Ministerio de Industria que convoque a Mesa Técnica de Industria, que xa foi solicitada polo comité de empresa de Alú Ibérica. Tamén lle reclamará á Xunta de Galicia que asuma e exerza as súas competencias en materia industrial e de emprego para a defensa do mantemento da industria en Galicia e, concretamente, a defensa de Alú Ibérica e dos seus postos de traballo, así como "a viabilidade da produción industrial".

Empregados/as e representantes do comité de empresa da antiga Alcoa iniciaron hoxe un peche na sala de exposicións do consistorio ata que se convoque a Mesa Técnica de Industria "para visibilizar a súa loita", sinala Rey, quen defende que "é moi importante que neste momento tanto o concello como as administracións esteamos ao seu lado". A alcaldesa asegura que "o concello defende as súas reivindicacións e sempre axudará a buscar solucións".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión