Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

24 de setembro de 2020

Rey: “O Goberno local aposta por manter a actividade da OSG co traslado da súa programación ao Coliséum”

A alcaldesa asistiu ao acto de presentación do concerto que este sábado ofrecerán no Coliséum a OSG e o artista Xoel Lopez. 800 persoas poderán desfrutar de forma presencial de este espectáculo, que tamén se poderá seguir en “streaming” interactivo por medio de palcos virtuais.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou esta mañá na presentación do concerto que ofrecerán este sábado a Orquestra Sinfónica de Galicia e o artista coruñés Xoel López, ás 20.00 h no Coliséum, e que está a piques de esgotar as súas 800 entradas.

A alcaldesa sinalou que, con esta presentación, se reforza a aposta do Goberno local "por manter a actividade da OSG, co traslado da súa programación ao Coliséum para poder actuar coa formación completa cumprindo as restricións sanitarias", e referiuse á Sinfónica de Galicia como "unha das nosas marcas de identidade, da que nos sentimos especialmente orgullosos". Rey aproveitou para lembrar todas as iniciativas a prol da cultura, concretamente da local, na que o Goberno local investiu nos últimos tres meses máis dun millón de euros: "Creo que queda patente o esforzo do executivo que presido pola industria cultural e hoxe seguimos este camiño cun novo exemplo de implicación co sector".

A rexedora esixiu unha vez máis á Xunta de Galicia que "abonen esa débeda xa histórica que teñen coa Sinfónica de Galicia, e que por favor destinen os fondos que teñen á actividade cultural e a este símbolo da cultura galega como é a OSG".

No acto de presentación, que tivo lugar no recinto de espectáculos herculino, a alcaldesa puxo en valor o papel da cultura, e neste caso da música, nesta pandemia, "sempre ao noso carón, nun momento tan complexo e cun presente cheo de incertezas, axúdanos a superar como sociedade o individualismo, para recoñecérmonos nunha sociedade global e para afrontar os riscos globais dunha maneira conxunta e defender o benestar común" e, asegurou, "a Administración local aposta por protexer e darlles cobertura aos elementos artísticos de maior proximidade".

As restricións da capacidade do espazo permitirán que 800 persoas gocen do concerto en directo, que tamén se poderá seguir en "streaming" interactivo por medio de palcos virtuais. Deste xeito, un maior número de persoas poderán desfrutar do espectáculo cumprindo as medidas impostas polas autoridades sanitarias.

Pola súa banda, Xoel López manifestou que grazas a esta iniciativa "sinte o apoio da súa cidade" e destacou a importancia da música, "como nos axuda cando estamos mal, porque a música salva". O director principal da OSG, Dima Slobodeniouk, asegurou que participar neste concerto, que "conecta dous mundos", é todo "un pracer" para a Sinfónica de Galicia, e sinalou que "o Coliséum é para eles un espazo acústico moi interesante".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión