Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de febrero de 2020

Rey participa nunha pasarela “sustentable” do alumnado do Colexio Salesiano

As e os estudantes de 3º da ESO organizaron esta tarde un desfile no que amosaron as creacións que deseñaron con plásticos para concienciar da importancia de reciclar e reducir a presenza deste elemento

A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, asistiron esta tarde ao desfile de moda sustentable organizado polo departamento de Ciencias de ESO-BTO do Colexio Salesiano San Juan Bosco, unha iniciativa que naceu na clase de tecnoloxía de 3º da ESO dentro do tema "Plásticos e outros materiais". As alumnas e os alumnos reflexionaron na aula sobre a presenza masiva deste elemento nos quefaceres diarios e indagaron como se producen e a utilidade que se lles confire na industria e nas empresas, ademais de aprenderen a manipulalos. Logo desta posta en común, propuxeron como práctica de deseño a elaboración de roupa e complementos con materiais plásticos e reciclados que doutro xeito acabarían nos contedores do lixo. O resultado foi unha pasarela no centro en que as e os modelos amosaron creacións realizadas con plásticos procedentes de tetrabricks e envases co fin de concienciar e sensibilizar a veciñanza da importancia de reducir a presenza deste material tan contaminante e de reciclar o que xa está en circulación. 

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión