Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de noviembre de 2020

Rey valora “o enorme xesto” do sector hostaleiro ao doar o seu produto ao Banco de Alimentos nunha campaña aberta á cidadanía

A alcaldesa destacou que a iniciativa da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de A Coruña significa máis aínda polas circunstancias en que se atopan as e os profesionais, que estarán este venres en María Pita de 10.30 a 14.30 horas para recolleren a mercadoría e trasladala á sede de Agrela en colaboración co Concello Rey recordou o apoio do Goberno local ás e aos hostaleiros con axudas directas e a través dos bonos do PRESCO e con medidas como a exención no pago de taxas polas terrazas e a recollida de lixo

A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta mañá a campaña de recollida para o Banco de Alimentos que se realizará este venres na praza de María Pita, das 10.30 ás 14.30 horas, promovida pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de A Coruña. A rexedora valorou "o enorme xesto" dun colectivo que hoxe ve como os seus negocios están parados e que doará "todo o sobrante e non sobrante que por desgraza non nos poderán cociñar nestas semanas con restricións". Desde o concello, engadiu, "poñeremos os recursos que fagan falta para que esa xenerosidade viaxe íntegra á sede da ONG en Agrela" coa posta en escena, entre outras cuestións, do equipo de voluntariado que axudará a xestionar toda a mercadoría recibida.

Rey sinalou que os bares e os restaurantes son parte da nosa identidade e que "non entendemos A Coruña sen o bulebule dos nosos locais que hoxe tristemente vemos co enreixado baixado". Neste aspecto, recordou que desde María Pita se presentou en primavera un plan de rescate ao que se acolleron preto de 4.000 persoas autónomas e "que hoxe aumentamos para que todas e todos se poidan beneficiar, dentro dun programa PRESCO en que incluímos tamén bonos co fin de que a cidadanía acudira á hostalaría".

A alcaldesa afirmou que "non queremos que ningún establecemento peche para sempre", polo que desde hai meses meses os locais non teñen que aboar as taxas polas súas terrazas e en 2021 prolongarase esta medida: "Tamén se permitiu desde o Concello ampliar estes espazos ao aire libre e as e os hosteleiros non terán que pagar polo recibo da recollida de lixo até o ano que vén, un pago que se rebaixará un 30% e ao que se lle restarán os días sen actividade".

Rey destacou a xenerosidade do sector ao organizar unha campaña que tamén está aberta á cidadanía e lembrou que desde o Banco de Alimentos o que máis precisan é leite, galletas, conservas e legumes. Como acto simbólico, as e os promotores formarán unha cadea humana a partir das cinco da tarde desde a praza para trasladaren parte dos produtos recadados á Cociña Económica.

Pola súa parte, o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de A Coruña, Héctor Cañete, agradeceulle ao Concello o seu apoio para celebrar esta iniciativa, que forma parte das mobilizacións do sector, que se concentrou en María Pita e trasladoulle ao goberno a través da delegación un plan de rescate a nivel nacional: "Queríamos realizar esta acción solidaria para facermos ver que estamos coa cidadanía doando todo ese produto que se vai deteriorar porque non sabemos cando imos poder abrir". Cañete animou á veciñanza e aos e ás hostaleiras a que se acheguen o venres ás carpas e colaboren na recollida que cre que será "moi potente".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión