Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

12 de enero de 2023

A mostra “Tomás Barros. A mirada interior” recordará o destacado carácter polifacético do artista coincidindo co centenario do seu nacemento

Unha exposición na Casa Museo Casares Quiroga visibilizará a importancia de Tomás Barros e o exilio interior no movemento intelectual galego

A exposición sobre o creador das revistas literarias "Aturuxo" e "Nordés" permanecerá aberta ata o 12 de febreiro

A Casa Museo Casares Quiroga acolle desde hoxe ata o 12 de febreiro a exposición "Tomás Barros. A mirada interior", que permitirá visibilizar e reivindicar a figura do polifacético artista, un dos máis destacados integrantes do denominado movemento do exilio interior.

A mostra, desenvolta co motivo do centenario do nacemento de Tomás Barros, foi inaugurada polo concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Javier Celemín, nun acto que contou coa presenza e participación dos dous fillos do artista, Araceli e Tomás, e da comisaria da exposición, Rosario Sarmiento.

Tal e como lemboru o concelleiro na súa intervención, Tomás Barros foi pintor, poeta, ensaísta, autor teatral, novelista, articulista, catedrático e membro correspondente da Real Academia Galega, converténdose nun dos intelectuais máis activos e dos maiores creadores que tivo Galicia no pasado século, especialmente no período de posguerra.

Jesús Celemín reivindicou a figura de Tomás Barros e do resto de integrantes do exilio interior, entre os que citou a García Sabell, Paz Andrade e Francisco Fernández del Riego, xa que dalgunha maneira a importancia dos intelectuais emigrados no exterior fixo que non tiveran o recoñecemento que posiblemente merecesen, como no caso de Tomás Barros.

Neste sentido, destacou o seu traballo artístico e o seu compromiso coas liberdades, cun posicionamento político e loita pola democracia que "marcaron unha vida dedicada á docencia pero que, por encima de todo, podemos definir coa palabra compromiso", indicou.

Tamén subliñou que o denominado exilio interior desenvolveu gran parte da súa actividade en colaboración con moitos dos escritores e artistas que tiveron que exiliarse fóra das nosas fronteiras e que conxuntamente cos que optaron por continuar na súa terra permitiron a supervivencia da nosa cultura e identidade.

Por iso lembrou que non se pode esquecer que foi precisamente ese compromiso coa cultura e coas liberdades o que levou a Tomás Barros á creación, en primeiro luagar, da revista "Aturuxo", con colaboracións co seu primo Isaac Díaz Pardo e de Ricardo Segura, e, posteriormente, da revista "Nordés", xunto con Luz Pozo e Isidro Conde.

O concelleiro rematou mostrando a súa confianza en que a exposición permita reivindicar a figura de Tomás Barros xa que "aínda que a súa pegada perdura entre nós -mesmo coa denominación dun centro educativo na nosa cidade- Galicia e a nosa cultura están en débeda con el e seguro que dalgún xeito esta mostra permita saldar parte desa débeda".

A exposición desenvólvese para conmemorar o cen aniversario do seu nacemento, que se cumpriu o pasado ano, e inclúe parte da súa obra plástica e tamén unha pequena selección das súas obras tanto de teatro como de poesía.

"Tomás Barros. A mirada interior" permanecerá aberta na Casa Museo Casares Quiroga ata o 12 de febreiro, en horario de 11.00 a 13.30 e de 18.00 a 20.00 horas de martes a sábado, e de 12.00 a 14.00 horas, domingos e festivos.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión