Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de decembro de 2022

Xornalistas locais analizan o papel dos medios na difusión do deporte feminino coruñés

A charla formou parte da programación ‘Deporte para a igualdade’, que continuará ata este sábado 3 de decembro

O Palacio dos Deportes de Riazor acolleu esta tarde un novo coloquio do programa 'Deporte para a igualdade', que organiza o Concello a través da súa Concellaría de Deportes. Nesta xornada as persoas convidadas foron xornalistas dos medios de comunicación locais, que analizaron o tratamento que se fai na prensa do deporte feminino.

As persoas relatoras foron: Pepe Torrente, Vanessa Casteleiro, Sara Gallego, María Varela e Xosé Antón Fraga. A charla foi moderada por Alberto Torres. Os coloquios continuarán este venres 2, ás 17.00 horas, no Fórum Metropolitano, coa presenza de árbitros e xuízas de diversas disciplinas deportivas. Por outra banda, este sábado 3 pecharase o ciclo, ás 10.00 horas e tamén no Fórum Metropolitano, cunha sesión con deportistas con discapacidade, coincidindo co Día Mundial da Discapacidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión